Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 519

517 outros materiais e da democratización das xoias, buscando unións con materiais más accesibles sen que vaia en detrimento do deseño do produto. Nas súas últimas coleccións de prata, como Entre pla- nos, presenta unha serie limitada na cal «imperan formas xeométricas como liña básica de desen- volvemento. Un compendio de planos asociados e estruturas que xogan a ser o positivo e o negativo na nosa visión espacial desenvolvendo volumes, en ocasións dispostos en orde simétrica e noutros barallando un complicado azar». MARIO LÓPEZ ORFEBRE Este ourive considera que todas as súas pezas poden estar definidas tanto pola reutilización de materiais en desuso coma pola reivindicación dunha segunda vida para as cousas e as historias que gardan. A arte povera defínese por tratar de levar a atención do espectador cara a aspectos (obxectos) cotiáns anónimos e rutineiros aos que nunca se atribuíra ningunha calidade artística. Mario López afirma que se identifica con este movemento artístico á hora de traballar e crear xoias con este movemento. Á vez, o seu traballo está ligado ao wabisabi xaponés ou á beleza da imperfección. NOROESTE OBRADOIRO Noroeste Obradoiro é un taller e galería de xoiería artesanal de Santiago de Compostela composto por José Castro e Antonio Ibáñez. José Castro dirixe a firma desde o 2017. Ambos posúen unha extensa experiencia e formación tanto no ámbito nacional coma internacional, na que destaca a súa participación en exposicións, feiras de artesanía de renome, obtendo, pola súa vez, premios tan recoñecidos como o Premio Artesanía de Galicia no ano 2016, coa peza Voluta, Volutidae. Non obstante, cabe destacar que os traballos de José Castro e de Noroeste Obradoiro encarnan o que hoxe en día se podería denominar como artesanía de luxo. As súas producións á man engloban tanto as xoias coma os obxectos decorativos ou de mesa, tal e como se comproba en elaboradas pezas para degustar caviar ou xeado… En todos eles resulta clara a creatividade, o deseño e a depuración das técnicas e acabados aplicados ao ouro e á prata. A delica- deza e beleza das súas elaboracións, así como a adecuación das súas formas á contemporaneidade, constitúen verdadeiros sinais de identidade deste taller de artesáns. RODRIGO RIVEIRO-FERRAXE DE PRATA Detrás da marca Ferraxe de Prata está o artesán Rodrigo Riveiro que, no ano 2017, obtivo o Premio Artesanía de Galicia por unha das súas pezas, un colar realizado con fragmentos de porcelana e prata que distingue a súa forma de traballar e plasma o oficio e a experiencia acumulada. Utiliza porcelanas francesas, inglesas ou louzas locais para realizar as súas xoias e que el mesmo relata como un feito casual. «Cando fregando os pratos da casa me rompeu un… dos que quedaban da familia, sentín a necesidade de conservar un anaco dese prato facendo o que mellor sei, unha xoia. Despois de moita indagación, xogando e probando con diferentes materiais (azulexos, porcelana, louza fina...), conseguín un resultado óptimo e logrei así a maneira de recuperar esa louza que xa non vale para o fin para o que foi creada. Así creo unha peza única e exclusiva dándolle unha nova oportuni- dade a esas louzas vellas e rotas». Eses anacos ou fragmentos chegan incluso a respectar as formas curvas da base dun recipiente roto, creando xoias de grande orixinalidade e froito dunha experimen- tación e ensaio continuos. Rodrigo cita que existe no Xapón unha técnica milenaria «que consiste en volver unir pezas de louzas rotas por medio dunha pasta con ouro en po. Esta técnica recibe o nome de kitsugi, carpintería de ouro». Con esta técnica de traballo séntese plenamente identificado e en todas as súas creacións se pode observar o resultado dun novo xeito de abordar a artesanía, formulada desde a investigación e a busca, e na que destaca sempre a fusión e hibridación de materiais e técnicas. OSCAR RODRÍGUEZ JOYEROS En 1985, Óscar Rodríguez Blanco, levado pola súa tradición familiar e o seu coñecemento do mercado de xoiería fundou a súa primeira tenda e taller de xoiería en Viveiro. En 1994, debido ao crecemento da firma e á necesidade dunha infraestrutura maior, amplía as súas instalacións, converténdose nun dos talleres xoieiros máis importantes de Galicia. A partir de 1995, Óscar Rodríguez parti- cipa en feiras como a cita internacional de Iberxoia (Madrid) expoñendo as súas novas obras, unha combinación de creación, estética, elaboración artesanal e un toque de atrevemento que converte cada xoia nunha auténtica obra de arte. Desde o ano 2004 participou en diferentes feiras de ámbito nacional e internacional como bcn Futur, Inhorgenta (Múnic). No ano 2006 trasladouse a un edificio que é o resultado da reha- bilitación de dous antigos inmobles para a súa con- versión nun centro integral de proceso de deseño, elaboración e venda das creacións. Ao longo da súa traxectoria profesional recibiu importantes premios e recoñecementos, como o AN GemAwards, Premio Nacional de Artesanía o Premio Artesanía de Galicia, entre outros.