Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 517

515 participando así en numerosas mostras en vivo por diferentes feiras de artesanía galega. No seu espazo de creación, realiza numerosos talleres tanto individuais coma colectivos. Estes talleres tamén se levan a cabo en diferentes lugares: museo Eugenio Granell de Santiago de Compostela, Casa da Galicia de Lisboa, claustro da catedral de Tui, onde se crearon en grupo diferentes pezas de ourivería, deixando a última como mostra no museo da catedral. Outro aspecto importante do labor de Susi Gesto é difundir e dar a coñecer a importancia do traballo da ourivería, colaborando habitualmente na revista do Colexio Oficial de Xoiería de Galicia, Alento, e na revista da Asociación Antropolóxica Galega, Fol de Veleno, onde todos os temas tratados nos seus artigos reflicten a esencia do seu traballo. Ademais de obter numerosos premios e recoñecementos, este ano 2019 foi elixida como representante artesá no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur). KATUXA PLATERO Detrás desta marca está unha deseñadora de pezas únicas ou edicións limitadas de xoiería. Fórmase na Escola de Artes e Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela, pero é en Porto onde descobre o mundo das xemas e como resaltar as súas características naturais e combinacións. É unha xoiería de autora na que Katuxa deseña pezas por petición dos seus clientes. Tamén reelabora pezas antigas para convertelas en xoias actuais. Influencias da alta xoiería ou de épocas como o Art Decó pasadas pola peneira contemporánea definen os seus deseños na que as xemas son protagonistas. KINGA HAUDEK Esta xoieira afincada en Compostela mostra colec- cións esenciais que ademais beben da tradición e a pegada da ourivería compostelá. Na súa colección Calles de Santiago, realizada en prata de primeira lei, evoca o empedrado das súas rúas. O seu deseño áspero e ao mesmo tempo delicado representa as pedras omnipresentes e características desta cidade. En palabras da propia Kinga, as súas pezas convídannos a un paseo pola cidade vella, polo camiño das pedras. LEONLAGATA Leónlagata é a firma de accesorios da deseñadora Mónica Bastón, que recupera o proceso cerámico tradicional para aplicalo á xoiería contemporánea. A natureza, as formas xeométricas adoitan ser referencias claras na súa obra. Todas as pezas están deseñadas e producidas no seu pequeno estudio situado no sur de Galicia. Todas elas están feitas de xeito artesanal, unha por unha. Ás súas pezas cerámicas aplícalles dúas coceduras a baixa tem- peratura (980º/1040º). Cada unha das doas está modelada e esmaltada á man. Por iso, cada peza é única e diferente debido a este buscado proceso artesanal. SOLEDAD MATO Soledad Mato é unha artesá xoieira e deseñadora das súas propias xoias, elaboradas en prata e utilizando exclusivamente técnicas manuais, polo que cada peza é única e irrepetible. A utilización de minerais, pedras ou xemas sempre engarzadas en prata confírelles ás súas pezas unha diversi- dade e riqueza cromática e formal. É habitual a súa presenza en numerosas feiras e certames de artesanía, ademais da faceta docente impartindo talleres de xoiería. ROSA MÉNDEZ Desde os seus inicios experimentou coa pintura e a escultura, o seu proceso creativo pasou por dis- tintas etapas ata desembocar na xoiería. Produce pezas feitas á man no seu estudio situado en Teo. O vidro é o material a través do cal se vai trenzando un fío argumental que vai conectando toda a súa obra. O seu estilo caracterízase por ser moi persoal e intemporal, ignorando o innecesario co fin de achegarse a unha pureza formal. O seu traballo é unha abstracción cromática e formal da paisaxe que a rodea. Unha paisaxe real ou imaxinaria que traduce a paisaxe íntima das súas emocións. A súa obra pode verse en galerías e en tendas de museos: moma San Francisco, Paul Getty Os Anxeles, Guggenheim Venecia, Royal Academy of Arts Londres, Museum of Contemporary Art Chicago, Thyssen, Caixaforum, entre outros. Premios e recoñecementos son numerosos na súa obra, tales como o Premio Artesanía de Galicia. MILBRUMAS Milbrumas defínese a si mesma como unha marca de xoiería que reflicte o encontro entre deseño e artesanía. Cada colección parte dunha idea que irá tomando forma a través do traballo sobre metal e en ocasiones mediante a combinación de diferentes materiais tales como acibeche, madeiras nobres, aceiro ou coiro, ata conseguir que cada peza transmita a súa esencia dun modo individual e, pola súa vez, sexa parte do concepto. Este efecto créase a través dun deseño limpo e minimalista, froito da planificación e o estudo das formas. Así mesmo, á hora de abordar deseños personalizados, a atención ao detalle aplícase a cada peza para lograr un resultado especial e único. É un exemplo da fusión que experimenta a xoiería actual con