Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 515

513 AI XOIAS DE AUTOR As xoias de Alberto Montenegro e de Isabel Jiménez están realizadas partindo dunha ampla selección de materiais preciosos: prata, ouro, diamantes e pedras preciosas. Son o resultado dun proceso artesanal, cada vez máis difícil de preservar na xoiería actual, que lles dá a todas as súas creacións un carácter exclusivo, unhas veces único, outras limitado a series numeradas, pero sempre cun valor de obra de arte incomparable que chega ao virtuosismo nas súas creacións escultóricas.  ARDENTIA Ardentia nace como marca en 1988 da man do artesán xoieiro Luis González. Este ano participa en Mostrart, a feira de artesanía de Galicia, nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, e o grande éxito das xoias promove a ampliación do seu obradoiro, primeiro na Coruña, logo en Santa Cruz e despois en Bergondo, onde segue actualmente. Esta firma está composta por un equipo humano que concibe e controla todo o proceso das súas xoias, desde o momento da súa creación, pasando pola súa realización, ata o acabado e a presenta- ción final. É necesario destacar que coleccións como Origami obtiveron o Premio Artesanía de Galicia. Luis González tamén desenvolveu un importante labor dentro do sector xoieiro, pois leva moitos anos formando parte de directivas de colectivos do sector como, por exemplo, a da Asociación Galega de Artesáns ou do Colexio Oficial de Xoiería de Galicia. O 14 de febreiro de 2019 abriron a súa primeira tenda exclusivamente dedicada á marca, con todas as coleccións de Ardentia. MARTA ARMADA Marta Armada é unha artesá e creadora galega en cuxa obra podemos observar unha evidente fusión de materiais entre cerámica e xoiería. As súas obras están dotadas dunha artisticidade que as sitúa en lugares máis próximos á escultura ca á artesanía utilitaria. En moitas ocasións recorre a obxectos cotiáns como pode ser unha culler, unha cunca, un fragmento… para compoñer pezas dunha extrema delicadeza e exquisitez. Afirma que o seu proceso creativo parte da intuición: «Non sigo un plan, un mapa, un método especí- fico. Estou principalmente interesada na forma, a busca da simplicidade, a beleza e o equilibrio. As razóns veñen despois. A porcelana é un material indispensable no meu traballo, interésame a fra- xilidade, pero ao mesmo tempo a consistencia da porcelana, a brancura e o xogo de espellos que lle dan os metais nobres cos que traballo». CARLA ALFAIA Nace profesionalmente en 2015 con paixón pola ourivería tradicional galega. As súas palabras rela- tan como vai transformando a filigrana tradicional en pezas contemporáneas, xogando cos fíos, coas formas, cos volumes… creando así coleccións como Filigranas e centrándose na peza máis importante da xoiería tradicional galega: o sapo. «Símbolo protector que gardaba o peito de cada muller. Para nós os sapos tratan de representar a figura da muller actual, forte e segura. Por iso consideramos que cada un deles debe de ser único, ao igual ca cada muller». Decláranse namorados do poder do lume e das ferramentas manuais para lles dar vida ás súas xoias, pezas únicas. BARAKA XOIAS Baraka Xoias, da man artesá de Noemí Lamelas, é unha firma compostelá de xoiería contemporánea. Crean as súas pezas artesanalmente en prata e xemas naturais con acabados diversos, como pátinas ou chapados en ouro. O seu código estético nútrese da tradición ourive tanto de Galicia coma de antigas civilizacións doutras culturas. FINK ORFEBRES Fink Orfebres, fundada polos irmáns Enrique e Javier, é un obradoiro de xoiería especializado no deseño, fabricación e comercialización de xoias de prata. Desde os seus inicios nos anos noventa dedícanse á creación de xoias seguindo os pasos de mestres ourives que traballaban na capital galega. Toman como referencia o traba- llo. Traballan pezas de xoiería máis tradicional, seguindo a estela da pratería e acibechería com- postelá e, ao mesmo tempo, desenvolven novas coleccións contemporáneas. SUSI GESTO Susi Gesto viviu o mundo da xoiería tradicional compostelá xa desde a súa infancia, pois forma parte dunha saga de ourives de Santiago de Compostela. Seu pai, Eloi Gesto, sería socio fun- dador e presidente da Asociación de Ourivería de Compostela durante 19 anos e unha das principais figuras dentro da renovación realizada na ourivería galega durante o século xx. A creación das pezas de Susi Gesto faise de forma completamente artesá, seguindo a antiga tradición do traballo feito á man. No seu proxecto artístico compaxina a modernidade coa tradición, dividendo as súas pezas en tres liñas estilísticas ben diferenciadas: xoiería tradicional galega, «coubriverías e raiza- mes» e acibeche. Como parte fundamental do seu traballo está tamén a formación e o achegamento ao público en xeral desde o seu oficio milenario,