Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 513

511 unha marca galega que deseña bolsos e pezas de decoración realizados con corda de algodón e fibras naturais. Pequenas producións creadas artesanalmente que lembran a cerámica en formas e volumes e a cestería nas técnicas de entrela- zado que utiliza. Na súa traxectoria profesional, formando parte de Artesanía de Galicia e a través da fundación, participa en varias feiras nacionais e internacionais de decoración, como son Tent en Londres ou Formex en Estocolmo. En 2018, inaugúrase o espazo artístico Cuarto Pexigo. «Mutualismos» é unha exposición conxunta co estudio de deseño Khos, para a que crea pezas de decoración e iluminación inspiradas en formas da natureza, tratando de introducir o parque de Belvís no espazo. En 2019 forma parte da exposición «Formas do deseño. Galicia xxi» no Auditorio de Galicia; un intenso achegamento ao deseño galego froito dunha colaboración entre o Auditorio de Galicia e a Fundación didac. Na actualidade está inmersa na creación de estruturas e artigos para a decoración de espazos, investigando as posibi- lidades que poden achegar distintos materiais naturais.  JULIA DE LA CAL Esta deseñadora e artesá formouse na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. En 2004 traslá- dase a Barcelona para estudar Deseño Gráfico e Deseño Industrial na Escola Massana, cursos avanzados de Ilustración, a cargo de Ignasi Blanch na Escola de la Dona e cursos de especialización en Artes Gráficas na Escola Industrial. Na súa etapa en Barcelona traballa como deseñadora gráfica e ilustradora, formando parte do equipo de Le Commandant e do Estudio Marc Guitart. Durante os seu estudos de Deseño Industrial achegouse ao mundo da cestería, e fórmase na Escola Catalá de Cistelleria, en cursos de cestería tradicional francesa a cargo de Karen Gossart e Corentin Laval e de cestería escocesa con Pascal Carr e Catherine Davies e o obradoiro de cestería experimental Fibrejant, con Joan Farré, Josep Mercader, Tim Johnson, Mònica Guilera, Carles Alcoy e Lore Wild. Durante o 2013 cursará o obradoiro de posgrao Off Massana, coordinado por Jesús-Àngel Prieto, no que traballa, investiga e experimenta coas linguaxes da arte, a artesanía e o deseño. En 2014 toma contacto directo coa cestería europea e o cultivo do vimbio con Claudia Reuter, o centro Weidenzentrum Land Wursten (Alemaña), Patsy Cahill no centro Sliabh Na mBan Willowcraft (Irlanda) e Nick Falcon (Gales). En 2016 participa nas Xornadas Internacionais de Cestería e Construción de Vimbio e tamén no curso de Cestería, Deseño e Arquitectura Verde con Tim Johnson, Tom Meskell, Karen Gossart, Corentin Laval, Joan Farré, Carlos Fontales, Idoia Cuesta, Beatriz Unzueta e Joxe e Patxi Azurmendi en Garaion NaturArtea (Araba). En 2015 establé- cese de novo en Galicia, compaxinando o deseño gráfico coa cestería. Colabora con institucións e colegas artesáns e imparte cursos formativos sobre cestería. Participa habitualmente en feiras e encontros de cestería e é membro da Associació Catalana de Cistellaires e en 2017 obtén a carta de artesá de Artesanía de Galicia. Nos seus obxectos destacan pezas de mobilia- rio como UOU!, un moble para o descanso, unha randeeira «que toma a súa forma e función de algo tan sinxelo coma un niño ou un ovo. A súa forma paraboloide permite descansar e balancearse». CARMEN FIEIRAS Esta artesá cesteira lucense coñece as técnicas da cestería tradicional, pero tamén experimenta e innova acudindo a outros materiais como a medula de ratán ou outras fibras para obter outros resultados e usos. O seu labor docente impar- tindo cursos e obradoiros de cestería tradicional combínase coas súas producións cesteiras nas que tamén ensaia renovadas propostas para a cestería, como pode ser a indumentaria. Retomando o uso tradicional da cestería como traxe, tal e como com- probamos na coroza, ela proponnos novos deseños e realizacións baseadas na moda, na que a cestería xa non é só un simple complemento, senón tamén unha peza para vestirse ou engalanarse. MAURO TRASTOY Mauro Trastoy é un creador cunha longa traxec- toria como artista visual, numerosa presenza en exposicións artísticas e con obra en coleccións de museos, que actualmente se define como escultor e deseñador. Na actualidade está centrado na produción de obxectos lumínicos e na busca de novos materiais e técnicas para a súa elaboración. El mesmo define este momento creativo como «A visibilidade da pegada da man, a repetición de formas e de xestos sinxelos e ao alcance de cal- quera persoa, como cortar, pregar, atar… son unha constante na miña obra e unha liña fundamental no meu traballo. O propio proceso de creación, sempre visible e presente, dá lugar a unha multi- plicidade de formas case similares que se xuntan para conformar unha sutil estrutura para acoller a luz. Unha escultura que entretece un tempo dila- tado e suspendido; unha lámpada, unha luz». En pezas como as súas lámpadas de arame e cinta de pintor podemos apreciar técnicas que nos remiten á cestería, ao origami.