Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 511

509 ferro que esgrafiamos posteriormente. Levan 30 anos no mercado con recoñecemento e extensión a tendas e galerías de toda España, parte de Europa, América e Asia. Obtiveron recoñecidos premios como o premio nacional de artesanía ou Premio Artesanía de Galicia. ANA TENORIO. WITCHNEEDS Ana Tenorio, licenciada en Belas Artes, reparou no barro xa nesta etapa académica e deuse conta das súas posibilidades, pero tamén dos poucos medios para coñecer, investigar e experimentar con este material, que só desde o século xx adquire unhas connotacións de creación e de individualidade. A actual Premio de Artesanía de Galicia 2018, traballa sen moldes e a súa obra establece unha relación coa natureza que capta esencialidades e identidades que fan emerxer o chan húmido do bosque galego ou as propias árbores, nun barro que parece resultado dunha alquimia ou mestura entre a arxila e o brión ou as follas. Desde esa identificación cun contexto propio as súas pezas lévante tamén á influencia xaponesa, na que xoga coas imperfeccións, con reflectir na superficie o matérico e as texturas. Na súa produción reflíctese o compromiso da artesá co oficio e co medio, o ensaio, a experimentación, o sacrificio pasado nas horas de soidade no taller. NANO UNZUETA. CERÁMICA UNZUETA Desde o seu taller en Bertamiráns en plena sinto- nía coa contorna onde parece parar o tempo, Nano Unzueta, desenvolve as súas creacións cerámicas nese territorio entre a cerámica utilitaria e a experi- mentación e investigación, e constante procura de novos procedementos de fabricación. O acabado pictórico das súas pezas nas que se asoma unha epiderme que nos remiten ao mundo natural ou vexetal define as súas pezas. O seu paso por inicial pola Escola de Cerámica La Bisbal (Xirona), apren- dizaxe de moitos ceramistas do contexto nacional, lévao finalmente a Buño para seguir coa súa apren- dizaxe no taller de Aparicio Añón. É nese momento cando xorde a súa gran vinculación coa Costa da Morte, pois en 1980 aséntase en Carnota, onde traballa en profundidade o gres e a alta tempera- tura. Imparte cursos de formación e participou en numerosas mostras, feiras e exposicións ao longo do territorio nacional e internacional. RUBÉN BERTO COVELO Rubén Berto Covelo é un cesteiro e artesán que une vida e taller nos arredores de Vigo. Investiga e experimenta de forma continua co vimbio e a madeira, e coñece a conciencia a cestería tradicio- nal, as súas técnicas e tamén os usos dos obxectos cesteiros do mar e do campo. Entre as súas pro- ducións encóntrase a combinación da reprodución da cestería tradicional, co claro obxectivo de non perder este legado patrimonial, e a creación de novas obras que se adecúan á demanda actual: lámpadas, cestos de uso diverso para o fogar, bolsos ou obxectos decorativos. Así mesmo, compaxina o seu traballo coa presenza en feiras e en demostracións, así como coa impartición de cursos e talleres. IDOIA CUESTA Nacida no País Vasco pero afincada en Lugo, é unha das nosas artesás máis recoñecidas. A súa actividade está ligada á cestería e ao téxtil. As pezas realizadas por Idoia chegaron á Pasarela Mercedes Benz Fashion Week de Madrid, xunto á creadora e deseñadora Sara Coleman, ou á casa LOEWE, firma de moda coa que segue colaborando. A través da realización de bolsos ou complementos, Idoia Cuesta participa habitual- mente en proxectos conxuntos con firmas de moda ou deseño, o que lle permitiu introducir a cestería no mercado contemporáneo. Entre todos eles destacan exemplos como a colabo- ración co deseñador libanés Assad Awaad, ou co Premio Nacional de Deseño, Martín Azúa, para o mobiliario en cestería dos espazos ON/ OFF da Cidade da Cultura de Galicia, ou os seus traballos con arquitectos como Arturo Álvarez ou o estudo Domohomo na produción de mobiliario. As súas creacións artesanais compleméntanse cun labor como docente, impartindo cursos de cestería e tecido téxtil, e cunha continua presenza en feiras internacionais, nacionais e galegas organizadas por Artesanía de Galicia e outras iniciativas locais. Destaca a súa participación en feiras internacionais como Maison&Object (París), Tendence (Frankfurt), Tent London e Formex (Estocolmo). Tamén hai que destacar o seu labor de intervención artística con cestería en espazos museísticos ou expositivos. Foi Premio Nacional de Artesanía e Premio Galicia de Artesanía, entre numerosos recoñecementos que evidencian a súa prolífica traxectoria e a calidade das súas creacións. SONIA DEGERÓNIMO Deseñadora de moda, artista téxtil. Estuda deseño de moda na easd Mestre Mateo en Santiago de Compostela (2007). Amplía a súa formación rea- lizando un curso en esdemga para especializarse no tratamento e ennobrecemento téxtil (2014). En 2015/16 realiza varios cursos de tapiz e cestería contemporánea, oficios nos que se inspira á hora de iniciar o seu proxecto persoal Degerónimo,