Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Página 51

49 un aumento da beleza do edificio: a maior presenza do traballo visible supoñía un aumento da capacidade para conmover ou para transcender. Seguen a excelencia e o sacrificio tendo un valor? Para a Unesco, «os produtos artesanais son os producidos por artesáns, xa sexa totalmente á man ou coa axuda de ferramentas manuais ou mesmo de medios mecánicos, sempre que a contribución manual directa do arte- sán siga sendo o compoñente máis importante do produto acabado. Prodúcense sen limitación polo que se refire á cantidade e utilizando materias primas procedentes de recursos sustentables. A natureza especial dos produtos artesanais baséase nas súas características distin- tivas, que poden ser utilitarias, estéticas, artísticas, creativas, vinculadas á cultura, decorativas, funcionais, tradicionais, simbólicas e significativas relixiosa e socialmente».2 Hai dous elementos nesta definición que supoñen unha modifi- cación substantiva da tradición Arts & Crafts: · A significación que se lle outorga á artesanía non é transcen- dente (non é para Deus senón para os homes); non é persona- lista (máis que depender do artesán depende do significado social que alcance o seu traballo) e é polisémica… (utilitaria, estética, artística, creativa, vinculada á cultura, decorativa, fun- cional etc.). · A Artesanía con maiúsculas, a que pode considerarse patrimo- nio da humanidade, faise con recursos sustentables! Aínda que Ruskin non cita literalmente o emprego de materiais preciosos neste apartado do texto, todos albiscamos no noso pequeno coñecemento das grandes coleccións de artesanía as xoias feitas con xemas únicas, os mellores panos e metais escasos. A sustentabilidade rompeu a alianza entre a excelencia manual e o material nobre. A nosa primeira lámpada quere acompañar o visitante neste tránsito: do sacrificio á sustentabilidade. Nos elementos que compoñen a lámpada atoparemos aplicacións únicas, executadas á man cunha destreza case irrepetible, e outros estampados, realizados mergullando pezas no mar. No foro que alberga esta lámpada poderemos discutir a comparación entre a beleza dos trazos únicos e os que son testemuñas da acción dun ben natural que resulta indispensable para comprender a nosa cultura; compa- raremos o resultado do esforzo co resultado, menos dirixido, das pegadas do contexto. LÁMPADA 2. DA VERDADE Á TRANSPARENCIA Ruskin condena os «enganos» construtivos como trucos inaceptables. A insinuación dun tipo de estrutura ou soporte que non é o verdadeiro, o pin- tar superficies para representar un material que non é o que en realidade