Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 49

47 Utilizamos o texto de Ruskin como posición de observación para acompa- ñar o visitante nunha viaxe cara á comprensión sobre o valor que se lle deu á artesanía na historia recente. A nosa perspectiva actual do valor da arte- sanía difire enormemente da perspectiva recollida En Las siete lámparas e cremos que medir e comprender esa distancia nos axuda a aclarar quen somos agora e a calibrar como a artesanía nos axudou a conseguilo. A expresión museográfica do texto trata de ser comprensible e inmersiva para o visitante: na área expositiva dispóñense sete lámpadas de gran tamaño; cada unha delas ofrecerá un ámbito de observación, diálogo ou traballo separado que incitará á reflexión. Cada ámbito estará presidido por dúas palabras: a palabra orixinal que empregou Ruskin para nomear as súas lámpadas (sacrificio, verdade, poder, beleza, vida, memoria e obe- diencia) e valores máis contemporáneos que substituíron ou matizaron as posicións de Ruskin: sustentabilidade, transparencia, equidade, cultura, ecoloxía, identidade e innovación. Cunha primeira comparación entre a designación antiga e a nova, o visitante pode asomarse á principal hipó- tese coa que traballamos desde o punto de vista expositivo. Os valores que Ruskin lles outorgaba á arquitectura e á artesanía tiñan un carácter indivi- dualista e psicolóxico e eran valores que podían outorgarse a unha persoa. De feito, o ton moral acompaña a lectura de Las siete lámparas, deixando claro que, aínda que se fala de obras, os valores das realizacións teñen que ser compartidos polos seus autores. En contraste con esa perspectiva personalista, os méritos máis contemporáneos asociados coa artesanía constitúen valores colectivos, como a contribución á construción de identidade ou á visualización dos límites ecolóxicos que debemos impoñerlle á industria. A artesanía é apreciada hoxe pola súa contribución fundamental ao noso capital social, cultural e ecolóxico. Pero abramos as portas do museo e convidemos o visitante a un paseo entre as nosas lámpadas, rastrexando ese tránsito do individual ao colectivo. LÁMPADA 1. DO SACRIFICIO Á SUSTENTABILIDADE Para Ruskin existían diferenzas esenciais entre a arquitectura e a simple construción. Entre outras cousas, a arquitectura trataba de ir máis aló do que era fácil, probable ou parecía posible en cada momento. A construción, máis elemental, adoitaba ignorar ese reto. Este mesmo principio aplicábase aos elementos artesanais empregados na ornamentación. Constitúe a dife- renza entre a artesanía con maiúsculas, como arte, e a manualidade, xa que a artesanía está feita por unhas mans capaces do que, para a maioría dos seres humanos, resulta imposible. Para identificar esta procura da excelen- cia, Ruskin chamoulle á súa primeira lámpada a Lámpada do Sacrificio. O camiño do esforzo e o adestramento ten para Ruskin un fin transcendente. Dado que se ofrenda a Deus, o traballo artesanal non debe- ría brindar o fácil, senón o verdadeiramente meritorio. O sacrificio producía