Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 43

41 da xoiería medieval co clero e a nobreza, vai ser ser clara. A partir do século xv vaise conformar o que se pode encadrar como unha xoiería tradicional galega e ata o século xx non abandonará o influxo relixioso. As tipoloxías da xoiería tradicional distínguense en diferentes formas de adorno: pendentes ou brincos (pendentes longos), colgantes (pendentifs que deron lugar ao célebre sapo), broches… Así mesmo comprobamos que son os centros urbanos ou de concentración de poboación os que producen xoias en ouro e prata, nos que destacan claramente lugares como Santiago de Compostela. Como argumenta o especialista Fernando M. Vilanova nos seus estudos12, a xoiería tradicional vai parella ao adorno, pero tamén á devoción, marcada pola moral e as restricións que a propia coroa establece a partir do século xvi para os metais preciosos; vai lexislar en determi- nados momentos históricos a cantidade de ouro ou prata que os ourives podían mercar, para restrinxir a fabricación de ornamento e so producir pezas devocionais. A devoción ou a atribución dun carácter apotropaico é inherente ao ouro e á prata; as propias características dos materiais como o brillo e o fulgor provocan esa identificación cos poderes máxicos ou divinos dos metais preciosos desde os albores dos tempos. Esa mestura propia de crenzas e devocións coa necesidade de protección contra criaturas ou seres que deteñen o mal, concéntrase nos poderes atribuídos á xoia desde a antigüidade. Estes mesmos poderes atribúense o acibeche. Neste contexto evoluciona a tradición xoieira en Galicia, que en boa medida se atesouraron como tesouros familiares. 1 John Ruskin, teórico e crítico inglés que publica un tratado titulado As 7 lámpadas de arquitec- tura en 1849, defensor da consolidación da ruína como testemuña dun pasado que evidencia unha identidade nacional, e dos valores morais aplicados á arte e a artesanía. 2 garcía alén, l.: La alfarería de Galicia, ed. fac., Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 2008. 3 méndez garcía, r.m. e sáenz-chas díaz, m. b. A Cestería. Cadernos Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1993. 4 kuoni, b.: Cestería tradicional ibérica, Ediciones del Aguazul, Barelona, 2009. 5 Ibidem. 6 martín seijo, m.: Madera y sal: estructuras y objetos de madera recuperados en las Salinas romanas de Arenal en Vigo, abstract. GEPN-AAT/Grupo de Estudos para a Prehistoria do nw Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GI-1534). Dep. Historia I. University of Santiago de Compostela. Praza da Universidade 1. 15782 - Santiago de Compostela (Spain). maria.martin. [email protected] 7 Diccionario enciclopédico de la Biblia. Barcelona, Herder. Centro informática y Biblia, Abadía de Maredsous, 1993, p. 157. 8 rey castiñeira, j.: «A cerámica castrexa» en Galicia Castrexa e Romana, catálogo da exposi- ción Galicia Terra Única, Xunta de Galicia, 1997, p. 104-109. 9 casal garcía, r.: «Algunhas cousas sobre ourivería castrexa» en Humanitas. Estudos en Homenaxe ao Prof. Dr. Carlos Alonso del Real, Universidad de Santiago de Compostela, vol. 1, 1996, p. 240-256. 10 pérez outeriño, b.: Ourivería Castrexa, op. cit, 1997, p. 110-113. 11 Op. cit., 1996, p. 240-256. 12 martínez vilanova, f.: A ourivería tradicional en Galicia. Deputación de Pontevedra, 2011.