Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 41

39 Deste xeito será a Idade Contemporánea, basicamente desde o Rexurdimento, a que pescude nestas e outras formas para conformar o concepto dunha identidade galega, que nos conectara cos «poboadores celtas». Esta busca do referente identitario da Xeración Nós atopou unha proliferación de tipoloxías que acabarán por influír notablemente na xoiería contemporánea e por extensión na cultura galega actual. A ourivería castrexa proporciona os restos dunha civilización pasada e achéganos a uns xeitos de vida que describen uns poboadores nos que a colectividade é un factor cohesionador, contexto no que se desenvolven costumes e prácticas tanto cotiás como transcendentes: á pertenza á gens é determinante. Esta vida colectiva, non obstante, está fortemente xerarquizada, militarizada e masculinizada segundo nos des- cribe a arqueoloxía tradicional. Os estudos de arqueólogas galegas como Raquel Casal García11 apuntan que as mulleres tamén se adornaban con estas xoias, os estudos arqueolóxicos interpretan o ouro como parte das armas masculinas nos xacementos funerarios; pero ao non existir exames osteolóxicos é difícil distinguir si son tumbas femininas ou masculinas. Un exemplo claro estaría no torques, adorno do pescozo vinculado ao gue- rreiro castrexo, que aparece tamén en representacións femininas, polo que abre unha nova lectura de xénero non a formulada polas outras análises arqueolóxicas. No caso da ourivería castrexa é necesario remarcar que as súas xoias non van atopar continuidade en usos ou en motivos decorativos: os torques, brazaletes, diademas e arracadas… deixan de elaborarse coas premisas das súas primitivas características, e van esmorecendo conforme Roma se establece. Podemos ver na exposición tipoloxías como os torques, os bra- zaletes, as arracadas, especialmente salientable é a presenza na mostra da arracada do Tesouro de Recouso, e analizar a influencia destas tipoloxías e os seus motivos decorativos na xoiería moderna. A pronta aparición de xoias en acibeche xa no período castrexo-romano, constitúen tamén a proba do uso antigo desta pedra en xoiería, e que vai resultar fundamental para o contorno galego e especialmente compostelán. Conservamos poucos restos de xoiería medieval, algún anel, brazalete, diadema… pero fortemente ligados ao estamento eclesiástico e nobiliario, no que Santiago de Compostela se vai converter nun centro xoieiro e acibecheiro de primeira orde debido ao auxe da peregrinación. Non atopamos apenas xoias do privado, nin tampouco aquelas que aluden ao mundo feminino alén dos exemplos nas representacións de miniaturas ou a estatuaria. A xoia tradicional desenvólvese basicamente no contorno femi- nino pero inspirada nas xoias cultas de ámbito eclesiástico, e que se van dirixir agora a unha burguesía enraizada no orixe rural ou a un campesi- ñado, que en certos momentos experimenta unha merollada economía, e pode consumir este tipo de pezas que pasan de xeración en xeración nas mulleres dunha mesma familia. A influencia suntuaria, derivada da ligazón