Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 409

407 deste artista. A obra da serie Viricos que se pode observar na mostra parte dese concepto de interacción espacial e utiliza diversos materiais como o plástico, a madeira ou o arame11. Polo tanto a hibridación de materiais, logo dun fondo coñecemento matérico, vai distinguir a obra dos últimos períodos. Caxigueiro, dentro desta segunda xeración, é unha artista moi persoal cunha obra na que se mestura a poesía, a denuncia ante temas como a ecoloxía, a guerra, a construción masiva e a especulación inmobi- laria… As súas obras non encerran só unha poética senón que envían unha mensaxe ao espectador12 en sintonía co seu ton denunciante ante os peri- gos que xera a sociedade. A súa formación e primeiros traballos na Fábrica de Sargadelos de seguro foi determinante para achegarse ao material cerámico como vehículo expresivo. A experimentación cos formatos, e a mestura do gres ou o barro con materiais como o ferro ou o formigón caracteriza obras como a exhibida na mostra, da serie O rapto da paisaxe. Aquí Caxigueiro remarca o descontrol e a especulación urbanística das décadas anteriores, aludindo tanto á concentración como a dispersión construtiva sen control, nin planificación. Suso Dobao representa esa ponte entre o contexto de Toubes e os novos artistas cerámicos, a súa formación e traxectoria o longo do terri- torio nacional e internacional permiten ese apertura de miradas, técnicas e experimentacións. As referencias ao paisaxe industrial, que arrincan da súa infancia, así como a interese pola arquitectura, o estrutural e o diálogo espacial son constantes nas súas obras. Existen tamén nas súas pezas referencias orgánicas, de xogo matérico e técnico, que xuntan humor e organicidade na instalación Tetas de pan que se exhibe na mostra. Cada bóla experimentou un crecemento, unha ruptura e gretas, propias do pan e a vez do peito que aleita. É consciente de como tensionar e manipular a materia para acadar os efectos de simulación natural que non pretende soamente unha mera imitación. Nese universo do xogo, das referencias narrativas pero de pouso surrealista, está a obra de Iván Prieto ou de Verónica Pérez: galería de personaxes grotescos, máis preto dun freak show no caso do primeiro, e as referencias simbolistas e surrealistas, alegóricas da infancia a través duns xoguetes ás veces truncados, ás veces caídos, que nos levan a ese territo- rio da memoria fracturada, no caso da segunda. A obra de Peluca-Bubbles ofrece unha lectura que a primeira vista pode ser divertida se observamos as referencias formais, pero que se move dentro das ready-made cuns ecos nos que pode incluso observarse a influencia de Viola Frey e os seus obxectos de bricolaxe. O contexto do que vén Pelucas é a arte urbana e o graffitti para derivar, hai tempo, na escul- tura e concretamente na escultura cerámica. O espazo Sar Cerámica de recente creación en Compostela, está conformado por artistas como Pablo Barreiro, Montse Rego, Xaime Álvarez e Mauro Trastoy. A experimentación e as tensións que pode establecer a