Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 407

405 polo feito de que a súa familia política posuía fábricas de vidro que lle permitiron dispor de medios industriais na súa produción. As súas estan- cias en Bos Aires e logo en Madrid, en Berkeley ou en Holanda, enténdense xa nese contexto de creadores formados no eido internacional, e que neste caso favorece a evolución da arte cerámica. Artistas dunha segunda xeración galega como Emilia Guimeráns segue a liña de experimentar amplamente co material cerámico e as novas tecnoloxías aplicadas no ecwc. Non obstante, no caso concreto desta creadora, hai que destacar que o seu contacto coa esencialidade da cerámica xaponesa foi directa e fundamental, pois se formará en Xapón no taller de Ito Atsuko en Sugitami. De todos os xeitos Sargadelos, La Bisbal de Girona, a Fundación Lloréns Artigas ou o traballo como asistente de Yuhki Tanaka no Museo del Cantir de Barcelona formaron parte de forma- ción e traballo que logo traducirá ás súas obras. As súas pezas se exhibiron en lugares como Tokoname, Holanda, cerco de Zaragoza, con presenza en numerosas bienais e trienais internacionais de cerámica. A influencia da cerámica xaponesa, que goza dunha idade milenaria, abre as portas aos ceramistas á experimentación co elemento natural: estampados no barro, uso da cinza, síntese das formas e procura da esencialidade. É este influxo o que provoca eses cambios de rumbo, eses achados na materia que favorecen o xurdimento da peza cerámica artística, tamén no contexto galego. O labor docente de Emilia Guimeráns na Escola de cerámica de Nigrán inflúe na difusión da cerámica artística e utilitaria, organi- zando encontros internacionais entre artistas e ceramistas para permitir o intercambio e o coñecemento. Nese labor é importante tamén o seu papel como formadora de novos creadores ou a proximidade e posibilidades que lle ofrece a estes artistas para achegarse á cerámica como material expresivo ou artístico. Difunde tamén a cerámica xaponesa desde Nigrán, organizando actividades como a Semana Raku, que lle permite dar a coñe- cer a tradición cerámica xaponesa dos séculos xv e xvi. O seu paso polo ecwc tamén supuxo un cambio de rumbo na súa obra, pois o perfeccionamento da técnica lle permitiu tensar os conceptos, entre o poético e o xogo, marcando intencionadamente as imperfeccións como pegada da artista. A súa referencia á natureza resulta palpable nas súas obras, pero en ocasións o elemento natural se carga dos sedimentos da experiencia vital, algo que tamén lles transmite ás súas superficies irregulares, curvas, manipuladas para logo ser abandonadas. Miguel Vázquez pertence tamén a esa segunda xeración de artistas cerámicos que inician un percorrido formativo e vital de conexións exteriores e influxos diversos. Desde Sargadelos, pasando pola escola La Bisbal de Girona, ao propio ecwc no ano 1993. Foi nomeado membro da Academia Internacional de Cerámica en Suíza, a comezos do novo século. Alén dos encontros e distanciamentos co orgánico na súa evolución, o interese arquitectónico, espacial, está constantemente presente nas series