Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 405

403 industrial ben entendida, aquilo que reclamaba Adolf Loos ou Jean Baudrillard. O labor de Xavier Toubes na arte cerámica enténdese xa no con- texto internacional da arte contemporánea; este artista utiliza a cerámica como materia para a investigación, experimentación e creación. O diálogo entre a forma dos obxectos e a referencia identitaria, antropomorfizando os recipientes, lévanos a cualificar as súas obras como sen parangón na cerámica artística de xeito global. O seu labor como director do ecwc de Holanda entre 1992 e 1999 foi determinante, tanto para el como para os artistas que foron cha- mados polas novas posibilidades da cerámica; alí pasaron etapas de for- mación e traballo experimental e mutaron a súa produción. Neste período, con Toubes á fronte, o centro foi dotado de novos medios técnicos como xigantes fornos especiais, que fixeron posible a aplicación dos grandes for- matos escultóricos na cerámica. As estadías e/ou residencias de creadores contemporáneos favoreceu que o material cerámico pasase a formar parte da obra de artistas moi influíntes no panorama da arte actual, como Tony Cragg ou Anish Kapoor. As obras de Toubes céntranse en tres grandes grupos: a figura humana, os bodegóns e a paisaxe; aínda que a súa traxectoria comeza cunha valoración das técnicas tradicionais do barro, con clara alusión á terra, á orixe e aos procesos de identidade, o seu labor no ecwc significou unha evidente evolución na súa obra. Este creador ofrece ao longo dos anos 90 grandes formatos escultóricos, rotundos, a medio camiño entre o recipiente e a figura humana, cun tratamento das superficies cerámicas que pasa por cortes, raspados, rugosidades e un uso da policromía inter- mitente, que vai do branco puro ao uso de esmaltes ou iridiscencias. A peza que se exhibe na mostra forma parte dunha serie de tres obras, Dust 1, 2 e 3, realizadas entre 2002–07, e son froito da volta de Toubes ao ecwc como artista residente10. Polvo/Dust 2 volve presentar o referente orgánico e antropomórfico pero abordado dun xeito máis violento, a través do uso da cor e dos ocos perforados na superficie rugosa, deixando atrás o branco. O brillo e a luz seguen protagonizando as súas obras onde un resultado carnal, case sanguento, se une á monumentalidade e á experi- mentación continua. Outros artistas ceramistas galegos como Elena Colmeiro son chamados por Toubes para levar a cabo traballos de experimentación no ecwc. Elena Colmeiro xa levaba un amplo traballo de creación no eido da cerámica e a abstracción e precisamente, nesta estancia, o seu tra- ballo adquire matices figurativos. Ao longo da súa produción esta artista busca eliminar calquera referencia utilitaria, especialmente nas obras de pequeno formato como a presente na exposición; incide moito nas posibi- lidades da liña curva e nas indagacións no baleiro, nesas rupturas entre o interior e o exterior. A súa rebeldía fronte as formas tradicionais, e a evo- lución na materia cerámica que experimenta a súa obra, viuse favorecida