Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 403

401 Caxigueiro. O rapto da paisaxe, 2016. Trece pezas de refractario. 111,5 × 80,5 × 47 cm. Colección abanca. Existen dous grandes referentes galegos para estes artistas como son Sargadelos, coa figura á fronte de Isaac Díaz Pardo e o European Ceramics Work Centre (ecwc) de Holanda, co artista Xavier Toubes á fronte na década dos noventa do pasado século. A Fábrica de Sargadelos levou a cabo unha importante labor formativa para futuros artesáns organizando cursos, seminarios e encon- tros. Moitos dos creadores presentes na mostra formaron parte destes programas. As estadías internacionais e o contacto con Cataluña, pio- neira en España nos traballos da cerámica, e o encontro coa arte actual, potenciouse sobre todo coa experiencia que supuxo para moitos deles as estancias no ecwc, na etapa que Xavier Toubes foi o seu director. Alí se forxou, sen dúbida, un panorama de arte cerámico que é preciso volver a fomentar e exhibir como parte indispensable da nosa realidade creativa. Isaac Díaz Pardo produce unha serie de obras cerámicas femi- ninas, cos característicos ollos amendoados, que ademais nos remiten ao mundo dos oficios en moitos casos. Desde os anos 60 a obra de Díaz Pardo asume unha maior modernidade. A contribución de Isaac vai moito máis alá da súa produción artística e cerámica, O Laboratorio de Formas que fundou con Luis Seoane se fundamentou na crenza de que o deseño podía cambiar o mundo e mellorar Galicia. No ano 1970 ve a luz a nova Fábrica de Sargadelos, na que Díaz Pardo culminará o seu proxecto cerámico e industrial, e no que a artesanía xa da paso á mecanización, pero cunhas formas e motivos que representan o que entendemos como «formas de Galicia», e que se pode bautizar como unha nova artesanía