Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 401

399 Xavier Toubes. Dust II / Polvo 2, 2002. Cerámica, esmalte, lustre. 206 × 60 × 70,5 cm. © Mark Ritchie. Colección Permanente cgac. Santiago de Compostela. A influencia oriental ao que se abriron estes movementos espertou a artis- tas británicos como Bernard Leach, quen a comezos do século xx viaxa a Xapón para vir acompañado do ceramista Shoji Hamada9. Ambos os arte- sáns, desde a súa cerámica de estudio en Cornualles, influíron na Europa do século xx, e moitos creadores europeos se achegaron ao seu taller, como é caso do catalán Lloréns Artigas, para conferir agora unha artisticidade á cerámica nunca antes experimentada. O achegamento á cerámica de artistas como Pablo Picasso, Joán Miró ou Antonio Tapies tamén contribuíron a esta nova valoración a media- dos do s. xx. Na Escola de California, o material cerámico é unha das canles para a linguaxe conceptual da arte contemporánea, moi fortemente identifi- cada como artistas cerámicos como Peter Voulkos. Outros artistas da cerá- mica californiana referentes para a arte actual son Robert Arneson, Stephen De Staebler, Viola Frey, Otto and Gertrude Natzler e Marguerite Wildenhein. Na mostra pódense distinguir tres xeracións de artistas da cerámica contemporánea galega: Isaac Díaz Pardo, Xavier Toubes e Elena Colmeiro, son os pioneiros desa expansión de límites da cerámica, e as referencias e intercambios cos artistas vindeiros son constantes. Unha segunda xeración representada por autores como Caxigueiro, Emilia Guimeráns ou Miguel Vázquez, e unha terceira xeración, na que podemos distinguir dous momentos: unha ponte co anterior como pode ser Suso Dobao e novos creadores como Verónica Pérez, Pablo Barreiro, Iván Prieto ou Pelucas-Bubbles.