Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 397

395 Antonio Ibañez e Jose Castro de Obradoiro Compostela expresivas, narrativas ou conceptuais? Ou a que establece que a materia artesanal se use como linguaxe artística despoxándose pouco a pouco da identificación cun pasado obxectual? É posible que ambas realidades converxan nas pezas destes arte- sáns/artistas e que as individualidades tomen estes diferenciados cami- ños. Unha importante cuestión que hai que ter en conta é como o maker contemporáneo acada unha valoración individual, aínda que pertenza a un grupo por especialidade, asina as súas realizacións, difúndeas como marca propia, nun espazo intermedio entre a creación única e a repetición contro- lada. Parece que unha importante parte da artesanía actual poida valorarse como unha disciplina artística parella ao gravado ou á fotografía… As pezas pertencen a coleccións máis ou menos pechadas, que teñen unha edición limitada nun tempo concreto, e que se van substituíndo por outras novas, realizando incluso pezas únicas como no caso da xoiería de autor (podemos observalo en pezas como AI Joyas de Autor, Óscar Rodríguez Joyeros, Rosa Méndez, Marta Armada, Noroeste Obradoiro, Baraka, Katuxa Xoieiros)... Estamos en tempos de creación híbrida, de continuos entrelazos entre diferentes linguaxes, materiais, tendencias artísticas, mass media, de límites imprecisos nos que xa non podemos estratificar ou definir con claridade. ARTE E CERÁMICA A investigación das materias e o coñecemento dos oficios do pasado reflic- ten a busca da indentidade máis ligada ao telúrico, proporcionada pola terra, e que emana dunha reflexión da pegada do territorio na evolución