Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 395

393 Rosa Méndez creadora que dalgún modo acadou esa fórmula para responder a unha demanda que xunta gusto polo deseño e obxecto manual. Os traballos de Idoia son perfectamente recoñecibles para un sector do mercado que demanda estes produtos, a súa autoría é clara e evidencia un xeito propio de entender o proceso creativo e manual. Ela abriu o camiño para que a cestería atopase outros materiais como a lá ou o tecido, e sempre a través do coñecemento das técnicas tradicionais. Neste caso tamén temos o exemplo de Sonia Degerónimo, que a partir da tradición do entrelazo acada unas pezas que zumegan contemporaneidade. A formación e impartición de talleres, as demostracións e a pre- senza en feiras, certames e premios é unha das opcións habituais dos arte- sáns actuais. No coñecemento e difusión destas pezas e o seus autores é fundamental o labor de Artesanía de Galicia, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, que organiza numerosos proxectos propios (Premios Artesanía de Galicia, Corazón de Artesanía, Artesanía no Prato…), asistencias a feiras locais, autonómicas, nacionais e internacionais e exhibicións e numerosas actividades de difusión e formación no contexto galego, nacional e internacional. Despois de levar a cabo unha escolma das pezas do panorama actual destas tres artesanías, xorden cuestións xerais nese intersticio entre arte e oficio que constantemente deambula ante a observación das obras. Cal podería ser a diferenza entre a peza artística e un obxecto artesanal? O feito de que un obxecto artesanal abandone a súa función útil para converterse nunha forma indefinida repleta de connotacións