Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 393

391 Verónica Pérez e Suso Dobao de Cerámica Suve Na xoiería actual atopamos a influencia da tradición e da historia pero achegando unha ruptura dos límites das tipoloxías tradicionais, caso de talleres como Carla Canedo Martínez, Plata Nativa, Silvereira, Zimzelatum, ou a ourive Susi Gesto e a súa investigación sobre o sapo como xoia tradi- cional feminina coas conseguintes connotacións de xénero. Existen tamén propostas persoais con herdanzas formais e decorativas que afondan na fusión de materiais e as súas posibilidades de aplicación. Tamén nos xoieiros galegos resulta clara a democratización da xoia, utilizado prata de xeito máis común e mesturando os metais preciosos con materias como a madeira, a cerámica e porcelana, as pedras semipreciosas, o coiro ou o vidro (Ferraxe de Prata, Mario López Orfebres, Rosa Méndez, Milbrumas, Silvereira, Soledad Mato…) O eido do deseño introduce nestes últimos anos a tendencia a usar a artesanía no espazo doméstico ou na moda, nos que atopamos moi- tos exemplos de cestería (bolsos, lámpadas, cestas, mobles como podemos ver nas pezas de Sara Coleman, Julia de la Cal, Carmen Freitas, Rubén Berto Covelo…) en prol desa reivindicación do uso de recursos naturais no fogar e na arquitectura ou na indumentaria. Isto non sempre significa favorecer ao artesán local, pois os consumidores mercamos este produtos en tendas globalizadas, elaborados no mundo oriental, o que permite uns prezos accesibles e unha dispoñibilidade inmediata da peza en cuestión. Só unha porcentaxe menor de consumidores se decanta por estes produ- tos artesanais quilómetro 0. De xeito paradoxal unha das artesás actuais máis recoñecidas no contexto galego, tal e como xa mencionamos, é a cesteira Idoia Cuesta,