Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 387

385 Agustín Vázquez Antonio «O Rulo» primeira muller oleira de Buño, e presidenta da asociación de artesáns da localidade. Desde a súa Alfarería O Falsete, vén de colaborar co Museo Thyssen realizando unha ánfora inspirada na obra de Max Beckmann, con motivo da recente exposición dedicada a este artista. A cestería foi practicada igualmente por homes e mulleres, tal e como recolle neste catálogo Belén Sáenz-Chas, e so no caso de Mondariz se recolle autoría unicamente masculina. Moitas mulleres cesteiras seguen a practicar o oficio tradicional, destacando a realización de somb- reiros como os sanscosmeiros. Hai que sinalar que moitos destes artesáns e artesás nos que se detecta unha autoría, tras analizar as súas pezas, son en moitos casos auténticos gardiáns do seu oficio, dedicando parte do seu traballo a recu- perar as técnicas e tipos tradicionais, ou a formar novos artesáns, e son conscientes dun patrimonio cultural, etnográfico, material e inmaterial que pode desaparecer en calquera momento. Temos en Galicia exemplos evidentes desta autoría e preserva- ción da tradición como os oleiros Agustín de Niñodaguía, O Rulo de Buño, Pepa de Bonxe ou Elías de Gundivós. No caso da xoiería, o ourive Eloy Gesto, prateiro e acibecheiro compostelán, dedicou parte da súa traxec- toria a fomentar o asociacionismo, a difusión e a formación de novos ourives. Firmas como Mayer, Ramón González Orfebres, entre outros, seguen preservando e difundindo eses modelos de xoiería tradicional que desde mediados do século xx se ligou para sempre ao traxe tradicional feminino. Moitos dos cesteiros e cesteiras, como o caso do mencionado Enrique Táboas ou Rubén Berto Covelo, ou Idoia Cuesta, estenden o seu