Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 385

383 positivamente como parte dun todo (o ornamento ao servizo dos modelos da estaturia grega ou das catedrais góticas) pero nunca de xeito único. Así mesmo a proliferación e profusión do decorativismo sempre se vai identifi- car coa decadencia dun estilo. Xa nos comezos do século xx, o arquitecto Adolf Loos, co seu revolucionario escrito Ornamento e Delito5, se distan- cia desa identificación detalle-feminino, pero si alerta sobre a vacuidade do ornamento na modernidade, e o perigo de traer con esta práctica a seriación da mecanización, fronte ao detalle «artesanal» que compón un obxecto de calidade, como sería o caso dos compoñentes dun Rolls Royce, tal e como tamén recolle o filósofo contemporáneo Baudrillard. A realidade artesá baséase no detalle ou no pequeno, pero nun proceso que abrangue idea, observación, ensaio, repetición, transforma- ción… Esa concentración de pensamento e oficio manual está presente nas pezas que se producen á man na actualidade. A identidade dun territorio ou os elementos naturais parecen arrincarse do seu contexto para formar parte de determinados recipiente ou xoias (o Premio Artesanía de Galicia 2018 a Ana Tenorio polo seu xogo de café exemplifica esta filosofía de traballo). A artesanía acaba de conquistar nos últimos anos un lugar no que coexiste con outras especialidades creativas, no que xa fai tempo se esvaeceron as fronteiras das linguaxes formais e as clasificacións sexistas académicas. Por outra banda a presenza da muller na artesanía é común ao papel da muller na historia dos traballos. Se o gremio é unha organización masculina, o papel das mulleres artesás enténdese dentro desa menor dedicación histórica aos oficios ata practicamente o século xx. A autoría de mulleres na artesanía en Galicia non é allea ao contexto xeral dos sécu- los pasados. No caso das tres artesanías que nos ocupan, cabe subliñar que no tocante á cerámica, grazas aos estudos de Luciano García-Alén6, coñecemos o traballo das oleiras galegas no eido tradicional. Na olería de Portomourisco existe unha clara dedicación das mulleres oleiras, que utilizaban o torno baixo —máis fácil de usar e transportar— e traballa- ban intensivamente durante o verán7, mentres os homes se encargaban do forno e da comercialización. En Gundivós, caracterizado tamén polo uso do torno baixo, a presenza de mulleres está claramente recollida por García Alén; xa máis próximas no tempo destacan nomes como a oleira de Gundivós, Obdulia Rodríguez, actualmente xubilada, artesá que alude a unha tradición antiga, cunha técnica de torno baixo que produce un tipo específico de recipientes. Moitas mulleres colaboraban nos traballos derivados da cerámica, desde levar os «cacharros» ao forno ata a venta dos mesmos, caso das regateiras da aldea de Loñoá das Olas8, que se encarga- ban de comercializar os recipientes oleiros. Na actualidade, e nos núcleos oleiros tradicionais, destacan arte- sás femininas como Pepa Lombao de Bonxe, unha defensora desta olería tan antiga e única. Tamén temos nomes como Carmen Isabel Labrador,