Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 379

377 O labor do artesán e da artesá actual identifícase cos valores de ecoloxía, sustentabilidade, promoción do local, reivindicación de identidade… A esa convicción nas súas realizacións de respecto polo equilibrio ambiental é necesario engardirlle o concepto de beleza das formas e dos motivos, favorecidos pola amalgama de novos usos e materiais, que fai apreciar esa virtudes nas pezas manuais fronte á produción seriada. A experimentación constante vai parella ás horas da soidade do artesán e da artesá no seu taller ante a materia e as técnicas que utiliza. Non obstante estes artífices contemporáneos están moi conectados con outros sectores culturais e económicos como a cociña de autor, a moda, o deseño de produto e mobi- liario, a arquitectura ou as artes plásticas. Creo necesario reflexionar sobre ese papel dos artesáns e artesás ao longo dos séculos e como a artesanía foi considerado polas teorías da arte como unha arte secundaria, dependente, ou simplemente un oficio, unha fábrica do necesario sen atender a maiores categorizacións. Os medios e publicacións actuais, tamén ávidos de novos referentes, está comezando a resaltar a figura dos novos artesáns no tocante á autoría, e eles están respondendo a esta nova demanda, pois constitúen auténticas pontes entre o artístico e o utilitario. Unha guía fundamental para afondar na figura dos artesáns, con relación ao contexto social e económico a través do séculos, é o ensaio titulado El artesano do sociólogo Richard Sennet. Unha das súas primeiras reflexións subscribe que a habilidade manual non é meramente algo innato ao ser humano, senón que a man é adestrada grazas a unha práctica constante ao longo dos anos. A creación non xorde de xeito espontáneo senón que precisa de adestramento1. Esa práctica continua provoca que o erro aconteza, pero tamén posibilita os cambios e as melloras, e os novos rumbos nos que se atopan solucións que en definitiva favorecen unha evolución. Sennet aplica os valores manuais artesanais a profesionais actuais como os médicos cirurxiáns ou os informáticos, nas que sinala esas conexións man e cerebro que perfeccionan as técnicas coa práctica e que no poden basearse soamente na repetición mecánica, senón que a man é guiada tamén ao eido da experimentación, e sen dúbida ese perco- rrido marcará a autonomía ou a distinción do artesán. A longo da historia non se produce unha valoración da artesanía, por parte dos sucesivos teóricos, ata mediados do século xix. Críticos como o citado John Ruskin ou movementos como as Arts and Crafts, pro- movido por William Morris, e seguido por arquitectos como Mackintosh, e en xeral o Art Nouveau e o Art Decó nas primeiras décadas do século xx, contribuíron a unha nova valoración das artes e oficios. A desconfianza no progreso, na industrialización en serie, e os problemas que traería a mecanización, influíron determinantemente na reivindicación da artesanía formulada por todos eles. Non obstante, iniciaron un camiño que actual- mente seguen moitos arquitectos e deseñadores de produto ou de moda…