Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 31

29 A exposición pretende dun xeito didáctico desvelar as tipoloxías a través das súas definicións e as súas utilidades, No caso da cestería podemos distinguir o que a cestería de varas (vimbio) ou a cestería de verga (de tira de madeira)… os tipos de cestas e as súas variantes condicionadas pola pertenza xeográfica, ligada aos traballos do campo ou do mar: que é un coleiro (cesto da vendima), un canastro (cesto para transportar o peixe nos barcos), un carabelo (cesto para levar productos da horta), unha banas- tra (cesta para a roupa) ou un vetillo (bozal para o gando); na cerámica saberemos para que serve unha ámboa (grande contedor para o cereal ou o viño) unha ola de medida (para calcular exclusivamente as cantidades do viño), unha cántara ou un cántaro (para a auga e viño) ou un pucheiro para cociñar, entre outras pezas de usos singulares. No tocante á xoiería apreciaremos que é un sapo (xoia tradicional galega por excelencia, con- figurada por tres corpos a modo de colgante ou pendente), unha arracada (pendente de argola), un pendentif (colgante) ou un brinco (pendente longo). A variante zonal ofrécenos por tanto unha interpretación das artesanías tradicionais en función da súa orixe xeográfica. O establece- mento e mapa das aldeas oleiras galegas levada a cabo polo investigador e coleccionista Luciano García-Alén nos anos 70 e 802, será a guía para seguir as variantes comarcais dos recipientes cerámicos. A identificación deses lugares, das tipoloxías e mesmo dos artesáns e artesás constitúe o estudo de olería tradicional que segue a ser un referente para o coñece- mento da cerámica galega. A división entre a cestería galega de tiras de madeira, predominante na zona oriental3 (tiras de madeira rachada, sobre todo castiñeiro) ou de vimbio, ten que ver cos recursos do medio. Neste sentido hai que destacar terras especialmente vinculadas á cestería como a comarca de Mondariz, na que se desenvolveu unha importante tradición cesteira, incluso cun dialecto propio dos cesteiros desa zona, como acon- tece con outros oficios. A incursión na mostra iníciase coa cestería como a artesanía máis directamente relacionada coa natureza, o mundo vexetal convertido en obxecto utilitario (patelas do mar, culeiros da vendima, cestos dos ofi- cicios…) a artesanía máis esencial e inmediata. A continuación se dispón a cerámica, na que a man se une os medios técnicos (o torno, o forno, o vidrado) e os seus tipos (olas de medidas, cántaros e cantaras, ámboas para o cereal, pucheiras, cazolos e cazolas para a cociña, barreñóns e barreñonas, meleiras, asadores de castañas, pucheiros para o pingo…) realizados en Portomourisco, Gundivós, Bonxe, Samos, Niñodaguia ou Buño… A cerámica da mostra mantén, case na súa totalidade unha función utilitaria, aínda que nalgúns casos se amosen pezas que teñen que ver con usos rituais, votivos ou decorativos. A evidente relación da xoiería co adorno, coa devoción ou a transcendencia, e cunha factura moi minuciosa, provoca que o percorrido expositivo pola tradición remate polo detallismo desta especialidade.