Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 295

293 enmarcadas en prata a xeito de colgante, que lle daban aval ao peregrino de coroar con éxito a súa penitencia. A estes obxectos que formaban parte xa inseparable da orna- mentación corporal, deberemos sumar un amuleto extraordinariamente popular nos períodos históricos desde hai moito tempo. A figa ou fig-hand é a representación dunha man pechada coma un puño co seu dedo polgar asomando a xema entre índice e corazón. Este tradicional amuleto contra o mal de ollo terá no acibeche asociadas múltiples fantasías decorativas, como vieiras ou lúas crecentes que liberarán a imaxinación do artista. Merecería esta elaboración de xoias con acibeche un tratamento máis amplo similar ao dedicado ás pezas litúrxicas e devocionais que constitúen o corpus da súa xustificación cultural no mundo compostelán. Mais a importancia que no derradeiro século acadou o gremio de acibe- cheiros en Compostela xa instalados na ourivería suntuaria, extensiva ata os nosos días, obríganos a considerar este discorrer que a cultura do aci- beche fai desde a tradición relixiosa cara á ourivería civil. Serán os colares, os colgantes, as medallas, as vieiras, as figas que comezan a combinar coa prata os seus deseños. Así entenderemos mellor as derivas dun oficio que se instalou en Galicia, formando argumento angular das súas crenzas. 1 renfrew, c.: «Varna and the social context of early metallurgy», na revista Antiquity, p. 197 e seg. 1978. 2 cruz, a.: Historia breve dos ourives e da ourivería do norte de Portugal. arppa/a.i.o.r.n. Porto. 1984. 3 gallego domínguez, o.: Plata labrada que en 1601 había en Ourense bmapo, tomo V 1949, p. 93. 4 perez costanti, p.: Diccionario de artistas que florecieron en Galicia en los siglos xvi y xvii. x de g, Ed. facsímile. 1988. 5 Non hai que esquecer que tecnicamente as pezas douradas non podían volver ao lume nova- mente porque perdían o dourado coa calor, e esta era unha necesidade ineludible para poder axustar a súa medida. 6 «... dos mediados do século xvii até o século xviii os ourives joalheiros... comenzan a fabri- car peças inteiramente cobertas de pedrería lapidada... sendo precisamente deste período os traballos de ouro co diamantes ... ‘Laças’, algunhas delas completadas con colares, brincos, cruzes e pingentes. Da mesma forma e no mesmo estilo se ornamentan as insignias das Ordes Militares.» rosas junior, j.: Joias Portuguesas, as Laças de Ouro. Imprensa Moderna, Ltd. Porto 1942. E interesante a descrición das formas de uso destas laças para podelas emparentar cos 7 nosos sapos posteriores : «... Assim se faziam essas laças, dun perfeito equilibrio e concepção, en varios tamaños e formatos, con que cun grosso cordao de ouro ou fita negra, as mulheres ornavan o peito. Habia laças... completadas ainda con brincos a dicer. As primeiras usavanans as lavradeiras ricas nos seus dias de festa, feiras e romarias; as outras mais opulentas, colares e brincos de ouro e diamantes...» rosas junior, j.: Op. cit., páx. 13. 8 «... Un país como o noso, con un pasado glorioso de descobrimentos e conquistas, tivo nese periodo...ensejo de receber as formidáveis riquezas que da Africa, da India e do Brasil traziam aqueles que tan lonxe...» Rosas Junior, J.: Op. cit., páx. 9. 9 arbeteta, l.: La joya española de Felipe II a Alfonso xiii, mec, Madrid 1988, P. 52. 10 Chamados créoles tarines, son moi semellantes, con aro decorado, travesa central con elemento pendulante e remate do pecho nunha bóla icosaédrica. heuzé, m.: La richese des bijoux régio- naux. L’objet d´art, núm. 331, xaneiro 1999.