Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 293

291 corpo inferior pendulante, cun cono moi alongado realizado en chatón liso e rematado na parte inferior por unha media esfera que completa a mímese da éntase da gota de auga ao pingar. Decoración moi sobria. Debido á forma desta peza tan característica, popularmente, e dependendo das zonas, denomínase de maza, pola súa semellanza coas mazas do liño; de fuso polo carácter cónico e semellanza cos fusos de fiar, aínda que nós cremos que encaixa nos intereses decorativos do Barroco baseados na inestabilidade e no movemento, e asociámolo, pola súa voca- ción naturalista e a súa procedencia estética, á pioggia como brinco de bágoa. Existe mesmo un segundo modelo de tres corpos coincidente coa aparición da lazada no século xviii e a súa sintetización desde os modelos de bolboreta, que será xenuíno de Galicia pola súa estilización e afinidade coas formas decorativas do noso particular Barroco. No século xix, a filigrana, o traballo en fío, acoplouse ao traballo con chapa de metal. Esta recortábase segundo patróns circulares discon- céntricos (similares ás arracadas de lúa crecente pero vistos de fronte), e xurdiron os brincos en forma de lúa. Neses espazos de luz instalábase unha estrutura de filigrana moi fina e diáfana. Sobre a chapa, debuxos con cobriña a buril, perlados no canto, e na parte superior algunha chapa en volume e algunha concesión decorativa ás formas precedentes da decora- ción floral ou da súa abstracción. OS ACIBECHES O acibeche é un lignito cristalizado, moi leve no seu peso, que desde a Idade Media foi material considerado como precioso, case ao nivel do ouro, e ao que se lle atribuían propiedades máxicas e curativas. O seu traballo proliferou en multitude de figuras de tipo relixioso e ten en Compostela o seu máis importante centro creador. Malia ser un material importado, xa que aquí non houbo xacementos, pasou a ser parte inseparable da nosa cultura material. O maior predicamento do labor do acibeche destinouse a emblema do mundo xacobeo. Nesa actividade tallábanse portapaces, grandes cruces, calvarios, imaxes, rosarios e medallas. Xunto co granate, que simbolizaba o sangue de Cristo, diríase que ambas serán as xemas da Contrarreforma. A súa cor negra responde de maneira idónea á estética austera da Inquisición, polo que os acibeches aparecen na vestimenta masculina e feminina en forma de botón, xemelgos, doas decorativas e tamén múltiples amuletos e insignias de ordes. Nese extraordinario elenco de obras relixiosas atrás citadas, de estudo por múltiples autores como Filgueira, Ferrandis ou Gilman Proske, ábrese un espazo para o coñece- mento do acibeche en pezas menores, mesturado xa coa ourivería suntua- ria e tradicional ao combinarse con prata e, en menor medida, ouro. Entre eles estarán os emblemas ou signaculum recordatorios e acreditativos da peregrinación. Eran unhas pequenas vieiras e medallas do Apóstolo,