Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 291

289 No que concirne ás formas xenuínas, aludimos ao amplo conxunto de pezas que desenvolveron a imaxinación e personalidade do noso artesa- nado e que, identificado cos modos de facer do seu tempo, harmonizou unhas formas con personalidade de seu. Particularizar sería tema moi extenso e a fantasía do seu traballo asóciase co facer do artesanado barroco de entalladores, brosladores, ebanistas e mestres canteiros na decoración orgánica e de pano. Un dos exemplares máis relevantes é o brinco de cometa ou de grao d’amora [FIG. 4] . Este é nome popular co que se coñece un brinco longo que procede do brinco de bolboreta catalán-aragonés e do de lazada longa portugués. Estrutúrase coma aqueles en tres corpos: cabeceira circular en botón de estrutura radial, corpo central en lazada ou na súa abstracción, e corpo inferior enormemente alongado con rosácea central de raios visibles proporcionado e con dirección ascendente. Así mesmo, neste tipo de brinco de tres corpos moitos seguiran as pautas dos sapos nos diferentes modelos e sobre todo a lazada central vai ser o elemento que máis variedades manifeste, tanto na abstracción coma na substitución por lazadas e filacterias diversas. Moi populares en Galicia serán os brincos de alxofre. Malia ser inicialmente importados, estes brincos, realizados moitas veces en ouro baixo, como sucedáneos das grandes xirándolas con diamantes, sentaron escola. Alxofre é mesmo unha denominación árabe aplicada ás perliñas de pequeno formato que, como contraste coas apreciadas barrocas de gran calibre, eran utilizadas para xoias de menor envergadura económica. Os españois leváronas a América e así atopariamos en Oaxaca (México) e en Magdalena (Colombia) unha tradición desta especialidade. O alxo- fre é unha perliña pequena e irregular que se utiliza formando acios e se incorpora por medio de fíos de metal capilares. Os documentos do século xvii falan con moita frecuencia do alxofre nos inventarios familiares e dos talleres. As formas máis frecuentes son as do brinco de lazada de tres corpos onde se arremuíñan as perliñas, mais existen diversas versións nos brincos de campaíña, de flor etc. Tivo grande influencia no desenvolve- mento dos modelos tradicionais, sobre todo na técnica do grao d’amora. Os brincos de raíña serán tardíos, aparecendo a comezos do século xix como evolución do brinco estilizado e alongado de tres corpos e da arracada de filigrana. A decoración lateral apenas sería apreciada pola portadora e daquela cambia, dándolle preferencia á visión frontal nun efecto de pantalla animada. A lonxitude do brinco acúrtase substancial- mente e anchea. Os brincos de fuso, de maza ou de bágoa remiten á evolución dos precedentes xa descritos que atopan grande evolución neste período. Trátase dun brinco que responde á estética de inestabilidade entásica pro- pia do Barroco. E inicialmente componse de dous corpos e é moi estilizado. O primeiro corpo é unha rosácea oval ou redonda; o máis característico é o