Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 287

285 [fig. 2] Brinco de cabaza. Pendiente de calabaza. aparencia. Está formado por unha pequena argola circular articulada da que penden por medio de varias argoliñas (ás veces formando cadea de elos en 8), un ou máis globos armilares. Este modelo procederá do brinco bulboso mourisco, constituído por unha argola exenta e un recipiente esférico ou ovoide calado que soportaba no seu interior tecidos impregnados de perfumes. Debido á súa regularidade, podía verse tanto de fronte coma de perfil, polo que achegará novas posibilidades de desenvolvemento ao xénero. Mesmo no modelo propio de cabaza este evolucionou ata constituír os dous corpos, cabeceira e colgante. Formalmente, a forma esférica iniciará unha evolución ata as formas cónicas nos coñecidos como brincos de maza. O paso cualitativo do brinco de perfil que propoñen as arracadas e as argolas ata o brinco para ser visto de fronte procede deste modelo de cabaza. A súa forma esférico-cilíndrica supón que pode observarse na portadora de calquera das dúas maneiras. A presenza en Galicia de mode- los que reflicten este cambio de oferta reforza a importancia da evolución deste modelo nos conceptos do brinco frontal que chega ata os nosos días. Como intervalo entre o brinco de cabaza e os brincos de ollar de fronte situaremos o brinco de fuso, de bágoa ou de maza. O máis primi- tivo é un modelo moi simple integrado por dous corpos, un moi pequeno e sinxelo, onde se atopa o pecho, e outro formado por un cono cuxa base vai rematada cunha media esfera semellando o efecto dun goteirón. Normalmente son de chatón opaco, pero existen exemplares realizados con fío calado, híbridos dos brincos de cabaza armilares. O aire orientalizante destes brincos de fuso é máis ca evidente, e mesmo na actualidade seguen vixentes en países tan distantes culturalmente como A India ou Afganistán. En canto aos referentes eruditos, aqueles miméticos da ourivería suntuaria, parécenos oportuno referirse a aqueles modelos que sen rubor