Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 285

283 Figueroa y Vega, que importan as formas dos «hábitos casteláns», tipo de peitoral de varios corpos que parten dunha lazada. Moi populares tamén en Portugal, onde probablemente terán orixe, traen unha proposta decora- tiva máis activa con base en elementos mobles e unha distribución menos orgánica. No que se refire a este peitoral real, isto percíbese sobre todo no carácter circular e monorrítmico da cabeceira do sapo tradicional, que rompe a súa uniformidade para ofrecer un perímetro polilobulado creado con diferentes tipos de alternancias. OS BRINCOS As argolas de arracada constituirán un punto de partida dun tipo de brinco de argola, desde os máis primitivos e simples de argola lisa. O termo arracada é confuso e disperso. Tradicionalmente todo brinco arcaizante se denomina así, sobre todo na ourivería suntuaria. Dese xeito, en moitas publicacións grandes e longos brincos pendulantes con diamantes ou esmeraldas son chamados arracadas. A voz ten ascendente árabe, al-quarrat, asignada ao brinco de argola ou de media lúa, como, así mesmo, é coñecido en Portugal. A evolución destas arracadas é ampla, e existen tipos nos que a arandela é plana e este espazo vai promocionándose en forma de media lúa con decoración e pedrería, e incluso o canto permite adornos de fío sogueado ou bólas. Estas arandelas, ao ampliárense, levaban polo seu diámetro unha travesa central que lle daba consistencia e que serviu posteriormente como soporte de elementos pendulantes, inaugurando o tremente, pequeno elemento suspendido que se despraza de esquerda a dereita e constituído en moitos casos por figuriñas de animais proceden- tes do brinco renacentista. Normalmente era unha pomba, símbolo da fidelidade no mundo árabe, que evoluciona cara a formas cada vez máis abstractas. Existen diferentes focos e influencias que chegan a Galicia. A arracada astorgana decora as arandelas con vidros de cores, preferente- mente verde e vermello, falsamente chamados cabuxóns e engastados en coroa, nun estilo que recorda a ourivería visigótica. Son coñecidas mesmo como «rodas de carro», en alusión ás súas formas circulares de gran tamaño e a adaptación fonética da voz arracada. Temos atopado exempla- res practicamente idénticos da mesma época na Alta Savoia (Francia),10 o que acredita que os primeiros modelos foron importados.11 Outro tipo de argola de arracada posterior, xa en filigrana, decora extraordinariamente a arandela e sitúa elementos móbiles transversais de lámina lisa como contraste coa cargada decoración de filigrana. É un brinco en forma de lúa que decora o perímetro ata que chega a esquecer a súa estrutura primitiva. Procede de Portugal e terá fonda resonancia en Galicia. A arracada de colgante trigoniforme substitúese paulatina- mente polo modelo de brinco de cabaza [FIG. 2] , así denominado pola súa