Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 283

281 decorativos son variados, pero sempre están relacionados coa forma curva (dificilmente atopamos formas rectangulares ou poligonais), e mesmo cintas e motivos orgánicos. O centro adoita ser un umbo semiesférico e o perímetro leva orla de perolado de medias bólas ou rosiñas estampadas corridas ou alternadas. Este frontón evolucionará e, no momento en que racha coa disci- plina do abano semicircular, estrutura a súa decoración dun xeito diferente. O corpo estrutural xa non é unha margarida radial senón que se presenta en forma de lazada achandada en x, e os motivos enriquécense na súa variedade esquecendo a monotonía e equilibrio do discurso primitivo. No corpo intermedio, existente só nos modelos de tres corpos, temos dúas variantes. A primeira, correspondente a un primeiro período, é unha lacería con forma de trapecio invertido, é dicir, apuntado cara á verti- cal. A estrutura deste corpo é de volutas e formas curvas realizadas sobre lámina plana recortada ou fío soldado e achandado posteriormente. Coas espiras volteadas cara ao exterior resume o espírito barroco no movemento sinuoso de «enlace» entre as súas formas. Ten normalmente un umbo central e decoración variada similar á da cabeceira. A segunda variante neste corpo intermedio organiza a estrutura con base nun abano calado de fío, realizado en forma de lanzas apuntadas cara a un vértice inferior sobre o que se sobrepoñen cintas estriadas simi- lares ás da cabeceira. Está influído polas estruturas armilares dos brincos de grao d’amora e precede ao propio desenvolvemento do xénero, polo que o consideramos do período posterior á segunda metade do século xviii. O terceiro corpo, ou inferior, xa moi análogo para ambos os modelos, ten forma triangular con tendencia equilátera e composto por dúas volutas volteadas cara ao exterior (en lámina contornada ou arame achandado). Pode ser mesmo un trevo de tres circos calados con espirais. Leva no centro un botón que está en proporción cos outros dous dos cor- pos superiores. Destacaremos neste sapo a harmonía existente entre as partes que o compoñen, as proporcións entre o diámetro dos botóns centrais e a proporcionalidade tanxencial en razón dobre (ab cd), que se aproxima a 1,44. O sapo de dous corpos responde á mesma explicación ca o de tres, mais eliminando o corpo intermedio central. O hipersemicirco da cabeceira péchase un pouco máis chegando aos 250º. Existen diversas variantes e, aínda que o sapo foi unha das pezas máis difundidas e estandarizadas, apréciase unha evolución das súas for- mas e canons. Falaremos de dous tipos de variedades, unha que atende á súa estruturación e outra aos motivos decorativos que nos explicarán a súa cronoloxía e evolución. Non é difícil atopar, pormenorizando nos seus ele- mentos decorativos, elementos propios do esplendor do Barroco que repre- sentaron Domingo Antón de Andrade ou Simón Rodríguez. A renovación posterior prodúcese pola presenza de ourives foráneos como o salmantino