Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 281

279 gremio perdurou ata entrado o século xx. Betanzos, Noia, Pontevedra, Caldas, Tui, Ourense, A Fonsagrada, Ribadeo... serán centros onde se divul- gará esta arte xa distribuída por todo o país. PEITORAIS E SAPOS Cómpre sinalar a importancia que terá para o factor decorativo, endomin- gado e efectista dos colgantes galegos a influencia deste mesmo tipo de peza procedente de Portugal. Neste país existe unha tradición de ourivería similar á española, que será o referente para a ourivería popular miñota e, polo tanto, de influencia directa no posterior desenvolvemento en Galicia e Salamanca. Un dos seus elementos característicos serán as laças, pren- dedores de peito de ouro con diamantes, rematados cun pendulante en forma de cruz de malta moi aderezada, que vén ser unha versión do adorno feminino inspirado nas ordes militares condecorativas dos cabaleiros.6 Estas laças hanse desenvolver cunha gran profusión sen linde de escalas, e representan o punto de partida da tradición ouriveira que desenvolverá Portugal7 e que se fusionará posteriormente coas achegas divulgativas que proporciona unha ourivería menor que procede sobre todo da India.8 O peitoral tradicional será o sapo, constituído por ata tres corpos móbiles. Procede da imitación das xoias de peito en forma triangular inver- tida,9 e mesmo dos rosarios de perlas rematados cun colgante piriforme que adornaban os escotes. En Galicia o sapo, que é a alternativa tradi- cional, acadará o perfil de xoia por excelencia pola súa variedade, riqueza decorativa e compromiso estético. A súa filiación cos modos do Barroco compostelán e as virtudes profilácticas e morais que recibe dos Agnus Dei van darlle unha difusión amplísima, esquecéndose dos primitivos referen- tes. Digamos que nel sobrevive unha visión pagá do relixioso ancestral, tal- vez o culto solar celta ao que faciamos alusión nos comezos deste relato. A súa independencia e aceptación é tan firme que aparece como paradigma deste artesanado. O seu nome procede dunha interpretación popular do que en España chamaban no s. xvii pelicano ou galápago. Estas denominacións veñen suxeridas por factores de índole relixioso (pelicano) e pola seme- llanza coas formas acoirazadas das tartarugas ao constituírse dunha forma esferizante con pedras preciosas en cabuxóns (é dicir, pulidas en convexo sen facetar). A profusión destas pedras distribuídas como cabezas dun cravo abonda naquela identidade corpórea. Galápago aparece reflectido en diver- sos documentos da súa época, mais o termo en Galicia nunca foi aceptado popularmente por inintelixible e substituíuse popularmente polo de sapo. O colgante componse de dous ou tres corpos articulados. O primeiro é unha panoplia hipersemicircular, arredor dos 210º, e no ángulo sobrante inferior remata con dúas volutas. Neste frontón, estruturado radialmente por un calado de fío en arqueado conformando unha marga- rida, distribúese equilibradamente unha decoración simétrica. Os motivos