Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 277

275 A irrupción do neoclasicismo por imposición da academia borbónica a partir de Carlos iii, xa estudada no mundo da arquitectura, apenas influíu na ourivería por ser menos visible e dependente da economía eclesiástica ou administrativa. O romanticismo upou aínda máis o traballo de filigrana e dignificouno, conseguindo que o traballo de grao d’amoras dos nosos mestres ourives chegase ata ben entrado o século xx. A ourivería tradicional de graos d’amoras, (definida popularmente na época así) responde a un modelo compositivo de superposición. Un pri- meiro corpo estrutural faise de rendillado de fío que lle dará soporte a toda a decoración de floriñas, follas de carballo, cintas, medias esferas, codias de ovo, que se distribuirán proporcional e simetricamente por todo aquela panoplia. Logo virá a soldadura repartida por todo o conxunto que recibirá calor colectiva pola parte inferior coma se fose unha torta levantada sobre unha grella. Esta forma de traballo admite un longo repertorio de cambios e disposicións que no período romántico alimentará a imaxinación particu- lar de cada taller. DA TIPOLOXÍA E DOS XÉNEROS A ourivería tradicional é xenericamente máis limitada ca a suntuaria, xa que carece daqueles modelos sofisticados e se constata a case inexisten- cia de referentes masculinos. O seu abano limítase a pectorais, brincos, alfinetes, brazaletes, aneis, relicarios civís e ourivería devocional. Do conxunto desta variedade destacariamos dous grupos refe- ridos aos pectorais e brincos, que constitúen na súa diversidade o corpus da nosa ourivería tradicional. Temos coñecemento da existencia de aneis e brazaletes, aínda que os modelos atopados sexan escasos e tardíos. Nos aneis queda por demostrar se formaban parte argumental do enxoval fes- tivo (peitoral e brincos); a nosa sospeita é que, por estaren destinados ás mans probablemente deformadas polo traballo, non tivesen unha comer- cialización fácil.5 Por outra banda, as xoias para pendurar das orellas ou pescozo, como zonas máis protexidas do contacto, puideron conservarse mellor. Dentro da ourivería devocional destacariamos os rosarios, as medallas (que é unha área que merecería un tratamento específico) e as insignias relixiosas. Excluímos deste grupo os relicarios máis primitivos por constituíren un referente para o posterior desenvolvemento do peitoral festivo. En canto aos criterios tipolóxicos, referirémonos a tres aparta- dos: a) os modelos arcaizantes, b) os referentes suntuarios, c) as formas xenuínas. No apartado a), os modelos arcaizantes teñen dous factores de adxectivación, o factor apotropaico dun simbolismo con valor de uso e o ornamental. Deberemos resaltar deste primitivo traballo ouriveiro a abso- luta dependencia da refinada ourivería árabe-nazarí que, coa súa descu- berta da soldadura repartida sobre o metal untado previamente con bórax,