Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 275

273 Unha pragmática lexislativa de 1601 promove un inventario de bens desta natureza «para evitar o espolio fóra do país e tamén para limitar o traballo dos prateiros para evitar a quebra...».3 Deben declarar neste documento a prata que é propia e allea, con licenza para vender a elaborada, e a prohibi- ción ex professo de comprar. As formas foron tamén condicionadas en canto que só se permi- tiron fabricar e usar aquelas que tivesen unha referencia relixiosa, cívi- co-militar ou mestura de ambas as cousas. Esta austeridade imposta pola ideoloxía relixiosa alterara profundamente a laboría dos traballos de toda a ourivería, tanto a suntuaria coma a tradicional. Neste marco apareceran xemas «tótem», é dicir, toleradas para os novos usos co dobre valor decorativo e simbólico-relixioso. Os granates, unha xema abondosa en Europa, aparece consagrada como representante do sangue de Cristo. As súas pedras, talladas en cabuxón, é dicir, sen planos e próximos a medias esferas adoptan unha imaxe como de gotas de sangue coagulada e pasan a ocupar a representación icónica do sangue de Cristo. Relicarios así adornados darán pé aos nosos «sapos», o colgante galego barroco por excelencia que se vertebrará en diferentes formatos e disporá de medias esferas en metal «arremedando» os granates das xoias suntuarias en ouro. A achega dos sobredourados, baños de ouro sobre prata ou metal, serán outros compoñentes decisivos para o desenvolvemento espectacular desta ourivería menor. O mercurio disolve o ouro puro previa- mente moído e nese baño mergullarase o obxecto de prata ata ser impreg- nado por aquela amálgama. Unha vez fóra, aplicáselle calor, o mercurio evapórase e o ouro fíxase sobre a superficie da prata de xeito definitivo. Esta práctica, extraordianariamente lesiva para a saúde do ourive, será extensiva no período de desenvolvemento desta ourivería. O traballo chamado de filigrana, é dicir, tratamento de finos fíos de prata con pequenas boliñas, especialidade vencellada ao mundo árabe, propón exemplos innovadores e abertos á disposición creativa dos nosos artistas ourives. O fío de ouro e prata era tratado habitualmente para a vestimenta litúrxica desde tempos antigos polo gremio de brosladores que, segundo documentos aos que tivemos acceso,4 tivo ampla presenza na cidade do Apóstolo. Esta conxunción non fixo máis que favorecer estas labores ata o nivel que hoxe coñecemos. A excelencia do artesanado barroco e rococó do século xviii sumouse a esta euforia creativa e mantivo na ourivería moitos padróns que se deron en carpintería, retabulismo e ebanistería. Velaí a verti- calidade, o dinamismo das formas, decoracións de panos e filacterias, cintas e motivos vexetais e organicistas… foron elementos recoñecibles na ourivería desde o período Barroco. No rococó destacara a ampliación de formatos desde as formas hipersemicirculares a formatos de vieira, romboides… intentando adecuarse ás formas xeométricas das novas formulacións.