Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 273

271 parella nova acode ao santo para encomendarlle unhas alianzas para a súa voda. O santo ten diante de si unha báscula onde pesa unhas moedas de ouro para realizar tal encomenda. En Galicia o padroado gremial deste santo aparece reflectido na catedral compostelá, na capela de Nosa Señora da Branca, onde se venera a imaxe de san Eloi que amparaba o importante gremio de prateiros e ourives da cidade. A OURIVERÍA TRADICIONAL. UNHA MANIFESTACIÓN PARALELA Xa desde antigo, as clases sociais máis humildes non se subtraeron de asociar aos metais as súas crenzas apotropaicas e satisfacer a ornamenta- ción das súas anatomías con algún tipo de ourivería de metais diferentes. É dicir, a ourivería suntuaria reservada ao poder económico, administra- tivo e político tivo unha presenza hexemónica polo que representaba de ostentación de poder, o que era motivo de cobiza de inimigos e mesmo de lendas dos seus valores e atributos. Mais o pobo raso, en canto gozou dunha mínima estabilidade, non renunciou ás modestas posibilidades de luxo e imitou, dentro das súas posibilidades, aqueles excesos dos seño- res e mesmo da Igrexa. Naceu entón desde antigo a ourivería tradicional paralela á suntuaria, que se articularía en dúas direccións algunhas veces converxentes. Unha exclusivamente de ornamento e endomingamento festivo e outra devocional e apotropaica, de protección e seguridade. Coa chegada de ouro e prata de América, medrou extraordiana- riamente a actividade ouriveira e comezou a chegar a todos os lugares. As feiras e mercados enchéronse de ourives que comerciaban cos seus produ- tos. A unión política peninsular tamén posibilitou unha itinerancia desco- ñecida para aprendices co fin de conseguir a carta de mestre ouriveiro, con principais destinos en Porto e Lisboa, onde a tutela non era rexentada pola Igrexa e a súa proba era menos restritiva ca compostelá. É importante destacar a mestizaxe que se produce coas formas da refinada ourivería árabe (a cultura nazarí) presente, malia a expulsión dos mouriscos, nalgunhas zonas da península, sobre todo no norte de Portugal. Estas formas, os seus ourives, o particular trato do fío e decora- ción renova as pesadas e arcaicas formas, dotan dun éxito sen precedentes os seus novos argumentos estéticos e flúe ata Galicia pasando o Miño. Hai un factor incidente neste espectacular desenvolvemento do xénero menor na ourivería considerada tradicional por ser consumida fundamentalmente polas clases máis humildes. En 1601, ante a situación de case bancarrota do Estado pola proliferación do traballo en prata e ouro procedente das moedas de curso legal (tal e como vimos no cadro de Petrus Christus denantes citado), mesmo a Inquisición,2 co seu xeito de vivir discreto e sombrizo, non tarda en exercer influencia sobre o poder político, sucedéndose as pragmáticas que restrinxen o uso e labor deste artesanado.