Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 271

269 Tanto no mundo antigo coma no contemporáneo, prata e ouro aínda seguen sendo metais inútiles no ámbito industrial e doméstico. Talvez o ouro tivo unha certa presenza nas próteses da primitiva odontoloxía, como material que nunca oxidaba nin acidulaba en contacto cos fluídos orgáni- cos. Mais por todas esas connotacións culturais que o acompañaron desde a historia, foi mesmo cobizado para cumprimentar como adorno corporal e decorativo. O seu permanente esplendor dourado recubrindo empuña- duras, correaxes, armaduras, cascos… nos homes poderosos e mesmo creando infinitos obxectos prénsiles que formaron parte da arte do adorno corporal na muller. É o que coñecemos como ourivería, o traballo artesanal do ourive. Houbo un tempo en que ambos os metais, prata e ouro, femi- nino e masculino, converxeron, como parte dun destino universal, e mimetizaron. A prata puido recibir un dourado por medio dun baño en ouro disolto nunha amálgama noutro metal (mercurio). O metal recollía por aquel medio a adherencia do seu brillo amarelo como se tal fose. Foi unha descuberta decisiva porque a propia liturxia cristiá impoñía o ouro naqueles enxovais que deberan estar en contacto coas sagradas formas. Máis adiante o ouro fíxose branco coma a mesma prata con base nunhas cualificadas aliaxes que o dotaron de tal aspecto. O oficio do ourive foi florecente nos diversos períodos históricos e a súa cualificación foi altamente considerada polos sectores sociais máis influentes. Maiormente foron artistas anónimos e considerados demiúrgos en cada tribo. Ata ben entrado o Renacemento non atopamos sinaturas individualizadas de tal ou cal ourive, mais foron creándose escolas xeogra- ficamente definidas, perfiladas desde diferentes formas culturais e aquela mestizaxe foi altamente enriquecedora. Aqueles pequenos obxectos eran facilmente transportables por mercadores dun e doutro lugar e chegaron ata insólitos confíns. Os obxectos de adorno derivados da ourivería estiveron vincu- lados desde temperá idade con outros pequenos e particulares materiais que a natureza provía. Eran as xemas ou pedras consideradas preciosas. Aqueles cristais, restos fosilizados, ósos, que ao igual ca ouro e prata se singularizaban polo seu brillo e esplendor, derivaron enseguida en insepa- rables compañeiros de viaxe. Rubís, esmeraldas, zafiros e pedras de varia- das cores sincretizaron coa maleabilidade e ductilidade dos metais nobres e pronto foron complemento dos seus antollos decorativos. Un mundo de fantasía e cor comezou a percorrer todas as culturas. Na Baixa Idade Media, o oficio do ourive colleu o pulo perdido despois da caída do Imperio Romano. Foi co florecemento das vilas e pequenos burgos que se desenvolveron estes pequenos talleres, a carón das catedrais e das súas demandas, onde a xente acudía a certificar nalgún obxecto o seu momento de felicidade. O cadro de Petrus Christus representando a san Eloi no seu taller ouriveiro como patrón do gremio é o suficientemente elocuente do esplendor do oficio naquela época: unha