Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 27

25 creación. Mantense algo desa influencia romántica que liga o artesanal cun sentimento positivo, como unha bondade para a colectividade, tamén por esa idea de conservación e recuperación de algo que xa perdemos no tempo, que en certo modo estamos a piques de perder, e que é necesario preservar para as xeracións vindeiras. Así, as sete lámpadas identificadas por Ruskin como sacrificio, verdade, poder, beleza, vida, memoria e obediencia convértense baixo a óptica da arquitecta en sustentabilidade, transparencia, equidade, cultura, ecoloxía, identidade e innovación. A consciente idealización destes termos vai en sintonía co formulado ao equipo de deseño, na que se pretende un espazo realizado con materiais artesanais locais en gran medida, ou coa utilización daqueloutros que contemplen varias vidas, pasadas ou futu- ras, creando ademais unha rede de colaboración con artesáns e empresas locais, que teñen unha participación activa na proposta espacial. A teoría de Ruskin entroncaría co traballo que realizan moitos dos artesáns e artesás presentes na mostra. Na propia realización das lámpa- das, contamos coa achega dunhas 40 cestas trenzadas á man por Enrique Táboas, uns dos últimos cesteiros que traballan en tiras de madeira. Estas cestas concíbense, por parte da deseñadora, como compoñentes flexi- bles que funcionan a modo de expositores, bancos/asentos, ou elementos integrantes da cúpula. Táboas imprime a estas cestas ou seu saber artesán, impregnadas desa traxectoria de vida e oficio, pois percorreu o bosque durante anos para coñecer as posibilidades da materia prima, especial- mente o castiñeiro e as súas variedades. O bosque forma parte de xeito inmediato das súas varas trenzadas que ven a forma nestas cestas. A utilización dos pratos de Buño do artesán O Rulo noutra destas lámpadas amosan esa figura ponte entre o vello e o novo artesán, o recolle- dor dunha tradición que introduce novidade, con propostas que van desde o obxecto e o motivo decorativo tradicional ás novas achegas formais e ormanentais que dan lugar a intervencións espaciais, como proban as reali- zacións de murais en deseños arquitectónicos de espazos comerciais. Non obstante a introducción do artesanal nos procesos do deseño e da moda, de producir para adecuarse ás demandas dun mercado, sen esquecer a calidade do produto, utilizando a materia prima de xeito directo, estaría exemplificado por artesáns presentes neste espazo de luces, salientando personalidades como os da artesá Idoia Cuesta. As súas colaboracións con equipos de deseño de mobiliario e de moda, engadido a obxectos propios e continuas colaboracións con sectores creativos, encarna o presente dunha artesanía que marca as aperturas conceptuais da lámpa- das de Izaskun. Estruturalmente as lámpadas compóñense dunha cúpula col- gante no tramo superior e os expositores das obras e lugares de interacción co público na parte inferior. A influencia das Arts and Crafts no traballo da arquitecta Izaskun Chinchilla resulta totalmente inspiradora; a pegada de William Morris e Rossetti, adaptada a unha lingua propia, na que os patróns