Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 23

21 nesa liña cronolóxica sucédense as innovacións e o continuísmo, pero en definitiva a impresión que subxace ao percorrer as idades das tres artesa- nías, e a da contribución a unhas formas propias. A construción dos tipos, o deseño dos motivos e a implantación de usos pódense enmarcar en algo próximo a unha imaxe de «marca», que as fai recoñecibles, e que provoca a tentación de que Galicia se recoñeza tamén nesas formas artesanais. A CONTEMPORANEIDADE No tocante ao contido expositivo o visitante á mostra é recibido por un espazo múltiple, dinámico que acolle a contemporaneidade das tres arte- sanías. Neste ámbito establécese un xogo entre o macro e o micro, entre o impacto de grandes estruturas que acollen as pezas artesanais actuais e a potenciación do mínimo: o detalle, que define o proceso de traballo cos ofi- cios a través dos séculos. Neste mesmo momento formúlase un percorrido polo presente, nunha época máis doce para a artesanía desde o punto de vista da creación e da difusión por parte dos medios xerais e especializa- dos, e quizais menos en éxito de vendas no mercado globalizado actual. Dun sentimento de colectividade, na que resulta obvio o ano- nimato das artesanías grupais e colaborativas que se perden nos albores da historia, este percorrido condúcenos de xeito parello ata unha autoría manifesta no momento presente, promovida pola imaxe de marca indivi- dual e pola continuas transicións entre a pegada local e a consciencia de pertencer a un contexto global. As pezas contemporáneas da cestería, cerámica e xoiería obedecen a este momento no que son producidas, explorando a fusión e converxencia de formas e usos que están experimentando actualmente os obxectos artesanais. Comprobamos como a cestería non só obedece a un uso como contedor, metamorfoseada agora en complemento de moda ou en mobiliario da man do deseño; a cerámica mestúrase coa xoiería en híbridos que converten a arxila e a porcelana en adorno persoal; a xoiería experimenta nos últimos anos un proceso de democratización, mesturando a prata e o ouro con materias como o coiro, a madeira, a porcelana ou a propia cerámica, ou incide na idea de volver ser recipiente, con anovados usos na mesa, uníndose ás propostas cerámicas. Deste xeito máis de 65 artesáns colaboran coa súas obras neste espazo, convivindo ao tempo aqueles que levan moitos anos de oficio coas novas xeracións de creadores; en ambos os casos os artífices aplícanlles ás súas pezas a experiencia e unha filosofía de traballo, que vén da man dunha formación continua no campo tradicional, ou das novas posibi- lidades académicas e vitais dunha etapa máis definida pola autoría e multidisciplinariedade. AS SETE LÁMPADAS DE IZASKUN CHINCHILLA A sección contemporánea, conformada polas realizacións destes artesáns do presente, non se pode entender sen a proposta espacial que se formula