Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 21

19 dun territorio. As tres artesanías, fortemente ligadas ao medio natural no que xorden, proporcionan os restos materiais ou a transmisión de técnicas necesarios para saber como vivían os nosos antepasados. As pezas arqueolóxicas, especialmente as pertencentes á xoiería e á cerámica, moitas delas atopadas de xeito casual, e outras procedentes de xacementos, forman parte das coleccións dos museos arqueolóxicos nacionais e provinciais; describen un pasado común, e desvelan amplos aspectos das formas de vida, aínda con incógnitas por resolver en cuestión de usos, costumes e crenzas. Os achados funerarios de ourivería e poste- riormente os afeites de ouro agochados no interior do fogar ou en lugares secretos, así como os recipientes cerámicos atopados en forma de conte- dores ou utensilios de cociña, son os legados da Idade Antiga, que xunto cos restos en pedra ou os referidos á vestimenta (tecidos, fíbulas, fusaio- las…) axudan a reconstruír o pasado galaico. A cerámica e a ourivería son dúas artesanías que apelan clara- mente a esa reconstrución da vida dos nosos devanceiros; no caso da ces- tería, realizada en material perecedoiro, non dispoñemos apenas de restos arqueolóxicos, pero si dunha transferencia de tradicións de fortes raíces populares. O proceso manual, diferenciado así da industrialización, é unha das claves para afondar nas pezas das tres especialidades, atendendo a esa relación directa do artesán coa materia prima que transforma manual- mente en obxecto utilitario ou de adorno. A forte relación co medio natural: o bosque, a terra ou o lume está moi presente nas tres artesanías da mostra. A utilización do barro, extraído directamente da terra, mesturado nunha sorte de alquimia para acadar a mestura ideal, fai posible que a materia inerte se torne nun obxecto útil; a madeira pasa case directamente a converterse no entre- lazo dunha cesta do campo ou do mar; o ouro galego, gran reclamo para Roma, extraíase dos xacementos do sueste lucense (Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Caurel) ou dos repartidos pola provincia de Ourense. ESTRUTURA DA EXPOSICIÓN A mostra divídese en dúas seccións: a contemporánea, na que veremos as producións artesanais máis recentes, e a histórica-tradicional, na que se poderán contemplar pezas arqueolóxicas que explican a orixe destas artesanías, e as tipoloxías e utilidades que despois asentaría a tradición. A división espacial da propia arquitectura do Museo Centro Gaiás, que acolle a exposición, provoca e favorece esta dualidade temática que está pre- sente na natureza conceptual da exposición. É unha unha viaxe cara atrás no tempo da artesanía, que nos permite percibir unha historia de constantes achados e perdas, de des- continuidade e rupturas, pero tamén de intercambios culturais, de identi- dades propias e de transmisión dunha herdanza patrimonial. É un camiño de referencias constantes, de rompemento cos obxectos dun momento histórico e cultural concreto, para recuperalas décadas ou séculos despois;