Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 167

165 VASO DE CASTROMAO • Procedencia: Castro de Castromao, Castromao, Celanova • Lugar de depósito: Museo Arqueolóxico e Provincial de Ourense • Cronología: Castreño. s. ii a. c. – i d. c. • Material: Arcilla • Técnica: Modelado por rollos o placas, cocción oxidante, engobado • Dimensiones: Altura 7,5 cm; grosor 0,3 cm; diámetros 5cm (base) 7 cm (boca) 10 cm (máximo) Vaso cerrado de perfil en S flexionado. Labio exvasado, monofacetado, con borde redondeado. Cuello cilíndrico, con el punto de máxima inflexión cerca del arranque del labio y con una transición interior en ángulo hacia el hombro. El cuerpo globular es más ancho que alto. Fondo plano con reborde perimetral exterior y transición interior acanalada. Pasta de textura fina y tono acastañado. Se trata con engobe negro bruñido en toda la superficie exterior, mientras que en el interior solo en la boca. Fondo retocado una vez desprendido de la plataforma de modelaje. Se perciben abultamientos de los rollos de arcilla en el interior del cuerpo. La decoración se sitúa entre el hombro y el fondo, a base de acanaladuras: tres horizontales en el hombro, que resaltan la transición con el cuerpo; todo el galbo recubierto con trazos verticales regulares, con brillo en el acanalado y textura áspera en los intervalos; una acanaladura cerca de la base definiendo un reborde perimetral. Dentro del mapa de «olerías cas- trexas» (Rey, 2011) este vaso pertenece a la denominada como «tradición Miño». La abundancia y característica de sus piezas permiten reconocer un foco alfarero, iden- tificado a partir del siglo iv a. c. hasta el i d. c. por toda la cuenca media y baja hasta la confluencia con el río Sil, posiblemente potenciado por la importancia del río Miño como ruta comercial y de comunicación. VASO DE CASTROMAO • Procedencia: Castro de Castromao, Castromao, Celanova • Lugar de depósito: Museo Arqueolóxico e Provincial de Ourense • Cronoloxía: Castrexo. s. ii a. c. – i d. c. • Material: Arxila • Técnica: Modelado por rolos ou placas, cocción oxidante, engobado • Dimensións: Altura 7,5 cm; grosor 0,3 cm; diámetros 5cm (base) 7 cm (boca) 10 cm (máximo) Vaso pechado de perfil en S flexionado. Labio exvasado, monofacetado, co bordo redondeado. Colo cilíndrico, co punto de máxima inflexión preto do arranque do labio e cunha transición interior en ángulo cara ao ombreiro. O corpo globular é máis ancho ca alto. Fondo plano con rebordo perimetral exterior e transición interior acanalada. Pasta de textura fina e ton acastañado. Trátase con engobe negro brunido en toda a superficie exterior, mentres que no interior só na boca. Fondo retocado unha vez desprendido da plataforma de mode- laxe. Percíbense avultamentos dos rolos de arxila no interior do corpo. A decoración sitúase entre o ombro e o fondo, a base de acanaladuras: tres horizontais no ombreiro, que remarcan a transición co corpo; todo o galbo recu- berto con trazos verticais regulares, con brillo no acanalado e textura áspera nos intervalos; unha acanaladura cerca da base definindo un rebordo perimetral. Este vaso pertence, dentro do mapa de «olerías castrexas» (Rey, 2011) á denominada como «tradición Miño». A abundancia e característica das súas pezas permiten identificar un foco oleiro, identificado a partir do século iv a. c. ata o i d. c., por toda a bacía media e baixa ata a confluencia co río Sil, posiblemente potenciado pola importancia do río Miño como ruta comercial e de comunicación.