Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 161

159 [fig. 6] Luciano Garcia Alen con Indalecio Lombao. Grazas a un anuncio publicitario sobre esta mostra no xornal La Vanguardia, dáse a coñecer esta exposición fóra de Galicia, algo que pon en alerta a coleccionistas e comerciantes de cerámica, que rapidamente, desde Cataluña solicitan información sobre as pezas e a súa adquisición, mostrando interese por unha posible publicación sobre a mostra: «Salvo las referencias contenidas en los recientes libros de Llorens Artigas y Corredor Matos y de Vössen, no conozco ningún trabajo sobre alfarería gallega…»24. Haberá que esperar ata 1983, data da publicación de La alfarería de Galicia, que inclúe os estudos iniciais e as investigacións que poste- riormente achegará Luciano, para ter o estudo completo onde quedarán catalogados todos os centros oleiros, coas súas formas e usos, de modo que, 50 anos despois do inicio destes estudos, continua sendo o libro de referencia para oleiros, investigadores e coleccionistas. 1 luciano garcía alén, maría garcía-alén, (1994) «Olería tradicional galega. Dunha tradición racional a unha nova olería», en Tecnoloxía tradicional: Dimensión patrimonial e valoración antro- polóxica. Consello da Cultura Galega, p. 213. 2 josé manuel vázquez varela, (2005): Cerámica popular de Galicia: Etnología y Etnoarqueología en Brigantium, volume 17. 3 Un factor ao que —persoalmente— dou unha gran importancia foi a chegada da televisión aos pobos… que, aos poucos, impregnou e uniformó o comportamento das xentes: Natacha Seseña, (1997) Cacharrería popular. A olería de basto en España. 4 jorge wagensberg, (2017): Teoría de la creatividad, Barcelona, Tusquets, p. 25. 5 luciano garcía alén, maría garcía-alén, (1994) «Olería… op.cit., p. 213. 6 natacha seseña, (1976): «Auge de la cerámica popular» en Cuadernos para el Diálogo. 7 clodio gonzález pérez, (2004) Xaquín Lorenzo, «Xocas» Vida e Obra. Xunta de Galicia.