Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 157

155 [fig. 4] Luciano e Alfredo García Alén co oleiro de Mondoñedo Jose Chao Varela. Luciano y Alfredo García Alén con el oleiro de Mondoñedo Jose Chao Varela. bibliografía ou de estudos sobre este patrimonio material. O traballo en equipo será a base para levar a cabo ese estudo, para o cal foi imprescindi- ble a formación e a colaboración dos tres [FIG. 2] . Entre 1970 e 1975 co maxisterio desinteresado de Alfredo, que pola súa formación de historiador e arqueólogo ensinoulles a mirar e des- cribir o barro, a desenterrar os vellos fornos, a descubrir as pezas antigas entre os restos dos talleres e facilitoulles o acceso á documentación dos arquivos e bibliotecas, e con Vilasó, que pola súa formación artística, pois era entre outras facetas, debuxante e fotógrafo, saíron a percorrer Galicia, emulando dalgunha maneira as xeiras dominicais de don Xaquín, xa que tendo en conta que era unha actividade complementaria á súa vida profe- sional, dedicaban practicamente todos os domingos a percorrer os centros oleiros dos que ían tendo referencia. En palabras de Luciano descubrirán que a olería galega é un patrimonio «numeroso y heterogéneo que repre- senta la diversidad de las comarcas del país… ya que expresa con eviden- cia los matices geográficos y sociales en que se desenvuelve» [FIG. 3] .18 Entre os tres accederán a lugares dos que xa apenas había constancia do seu pasado oleiro, establecendo un estudo rigoroso e completo, con miles de anotacións, esbozos, fotografías e debuxos que é na actualidade un fondo documental que permite coñecer a situación da olería naqueles anos. Grazas á formación humanista de Luciano puideron acceder aos oleiros e oleiras cunha proximidade que os levou a ter unha relación afectiva case familiar, cunha amizade que duraría moito máis que a investigación [FIG. 4] .