Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 155

153 [fig. 2] José Manuel Gómez Vilasó. Alfredo García Alén. Luciano García Alén. «El material que ha encargado aún no está preparado, motivo a que anduvimos muy apurados por unos clientes y en este tiempo se trabaja muy poco, pues no deja el invierno»15. O turismo vai ser un factor decisivo e un desencadeamento do impulso nas vendas de olería, a moda da decoración dos salóns burgueses con pezas de barro e a construción de segundas vivendas, que se decorarán con ambien- tación rural16 producirá un achegamento ás portas dos talleres dunha sociedade ávida en consumir cultura rural, pero tamén a emigración será responsable da exportación de novas formas a modo de souvenir como é o caso das zocas, hórreos ou cruceiros, pezas realizadas con molde, que pasarán a formar parte do corpus dos obxectos de barro, incorporándose rapidamente como formas tradicionais, obxectos meramente decorativos nun mundo de elementos maioritariamente funcionais. Podemos consi- derar que estaba a se producir unha reconversión cultural da denominada cerámica popular. Entre estas pezas que adquiren a categoría de tradicional é necesario mencionar a Queimada,17 como un exemplo moi interesante da irrupción dun deseño moderno que en pouco tempo a sociedade incor- pórao como unha forma clásica e grazas ás súas connotacións místicas e simbólicas será utilizada de forma moi estendida en usos sociais e políticos. Neses inicios da década dos 70, un equipo formado polos irmáns Alfredo e Luciano García Alén con José Manuel Gómez Vilasó van comezar unha investigación sobre a olería de Galicia tras comprobar a ausencia de