Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 153

151 Serán persoas que forman parte desta xeración do Museo do Pobo Galego as que, seguindo o ronsel de don Xaquín, leven a cabo o labor de inves- tigación en o campo da olería. En primeiro lugar, o profesor José Manuel Vázquez Varela, que entre 1970 e 1973 realizará un magnífico estudo de campo, cuxo resultado foi a súa tese doutoral titulada Algunos aspectos de la cerámica popular de Galicia, a primeira sobre Etnoloxía lida en Galicia e pioneira no enfoque etnoarqueolóxico11. O traballo comprende un per- corrido por 13 centros oleiros, realizando unha comparación con outros centros da Península Ibérica e de Europa. Do seu traballo coñeceremos de primeira man a temperá desaparición das aldeas oleiras do sueste galego, onde se traballaba en torno baixo e a agonizante realidade de Bamio, Gundivós, Tioira ou Loñoá das Ondas, onde no momento de realizar o seu estudo xa non permanecía ningún oleiro en activo ou os lugares onde só quedaba un oleiro como Bonxe ou Mondoñedo. O estudo permitiranos coñecer os cambios técnicos que se estaban desenvolvendo en Buño e Niñodaguia, que lograron sobrevivir á crise e como adaptaron as técnicas e formas tradicionais aos avances técnicos nos diferentes procesos produ- tivos cunhas mellores condicións de traballo e a elevación do nivel de vida por mor da crecente demanda: «En la actualidad, el dedicarse a la alfarería es un negocio rentable, pues el número de pedidos es grande y el precio de las piezas elevado, pudiendo el alfarero establecer libremente el precio».12 Tal como comentamos anteriormente, por aqueles anos a arte- sanía e en particular a cerámica, comeza a poñerse de moda e isto afecta a introdución de novas formas, novos usos e cambios nos tamaños das formas antigas, ademais da transformación nos modos de venda, que com- binaba o modo tradicional de venda nos mercados en clara diminución, cun aumento dos revendedores e o aumento da chegada dos compradores, sobre todo turistas á porta dos talleres oleiros. Esta situación queda plasmada na correspondencia enviada por oleiros, onde se pode comprobar ese cambio nos modos de venda, que coincide sobre todo co turismo estacional, como é o caso dun cacharreiro de Bonxe que no mes de xuño de 1974 informa da chegada de turistas á porta do taller e a insistencia en comprarlle as súas pezas: «…tengo los cacharros preparados…si hace el favor no demore mucho por el motivo de que llegan los turistas y me comprometen para que se los deje a ellos.»13 Ou o caso dun oleiro de Buño, que o 1975 explica os motivos polos que vendeu o encargo realizado: …vino a la mercancía y pasa lo de siempre en estos meses de verano, para la próxima hornada le tendré las cosas empaque- tadas…para el próximo año, que es Año Santo coceremos una hornada en invierno para no andar después con prisas14. Esta chegada de turistas e compradores á porta do taller favorece o aumento das vendas como indicaba un cacharreiro de Niñodaguia: