Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 149

147 A inicios dos anos 70 do século pasado comeza un fenómeno de visualiza- ción da olería galega que coincide coa saída desta artesanía dunha longa crise iniciada a principios do século xx e que alcanza o seu cumio entre 1950 e 1970, anos nos que se produce unha longa e prolongada deteriora- ción e silencio dos oleiros.1 Diversos factores producirán cambios na sociedade oleira-cam- pesiña, á diminución de poboación debido ao éxodo migratorio en procura dunha mellor calidade de vida, tal como contaba unha veciña do Seixo: «viviamos pechados entre picos, ata que descubrimos que pasadas as montañas había outros medios de vida menos penosos», hai que engadir a chegada de avances técnicos como a introdución da cociña de ferro e posteriormente a de gas, ou a substitución das antigas conducións de auga feitas en barro polas fabricadas en materiais metálicos.2 A aparición do plástico, como elemento básico na vida cotiá, producirá unha auténtica revolución no modo de vida, ao achegar as vantaxes dunha maior lixeireza e durabilidade respecto da fraxilidade do barro, coa consecuente substitu- ción e decaemento nas vendas dos obxectos oleiros, que unido á chegada de innovacións tecnolóxicas3 producirán un declive da artesanía do barro de uso funcional. Podemos considerar entón a fabricación tradicional de cerá- mica utilitaria unha «idea cultural cuxo declive está causado pola selec- ción natural que o espírito dos tempos acabou por marxinar».4 Así, a liña continua que formaba a olería como parte da vida cotiá ao longo do tempo, verase interrompida por estes factores que acabarán co éxito do que ata ese momento gozou o barro. Desde o último terzo do século xix, e de forma crecente e continua ata os anos 70 do século pasado, a emigración e a urbanización van ser factores determinantes da desaparición da maioría das aldeas de oleiros, a perda de poboación, que abandona o campo en procura dunha mellor calidade de vida, terá como resultado unha diminución da pro- dución oleira e a ruptura da estrutura tradicional do clan familiar, así se pasará do traballo colectivo e compartido entre homes e mulleres nas faenas do barro a unha produción oleira individualizada.5 Desde finais dos anos 60 e durante a década dos 70 comezará a desenvolverse en Galicia un interese pola artesanía, do mesmo xeito que no resto de España e de Europa, anos nos que haberá un aumento de accións de difusión e promoción que reactivarán a olería durante as décadas seguintes e producirán un certo espellismo económico. Sobre esta tendencia escribía Natacha Seseña en 1976: «nos últimos anos, a xente botouse aos camiños para buscar obxectos de arte popular (sobre todo cerámica) e multiplicáronse as tendas, as exposicións e os coleccionistas».6 Ata ese momento, había un gran descoñecemento deste oficio, pois estaba considerado un elemento cultural pertencente a un sector con pouca proxección económica e social, cuxos obxectos se coñecían na súa