Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 65

63 [fig. 1] Facendo un cesto de varas na mesa ou forma. © Ramón Caamaño. Haciendo un cesto de varas en la mesa o horma. © Ramón Caamaño. como os paxes de Viveiro, coa súa forma característica que combina pare- des cóncavas e convexas. Algunhas cestas de vimbio poden ir provistas dunha ou dúas tapas. As asas poden ser en aro ou dúas asas laterais, feitas dunha soa vara grosa ou dun grupo de varas retorcidas ou tecidas. As dis- tintas técnicas de tecido, as combinacións dos diversos tipos de varas ou a forma final dos cestos e das asas fan que a cestaría de corres presente as máis diversas variantes, con innumerables combinacións. Outra técnica para tecer cestos de madeira é a que denominamos cestaría mixta, na que se mesturan as vergas coas varas. As pezas feitas por este procedemento levan unha armazón de vergas dispostas en aspa, sobre as que se vai tecendo en redondo con varas ata conformar o cesto. A palla dos cereais, como o trigo e o centeo, tamén é unha mate- ria prima moi empregada na cestería. A máis apreciada é a palla de centeo, o colmo, por ter os talos máis longos, flexibles e resistentes e menos quebradizos ca os dos outros cereais. Para traballar a palla existen dúas técnicas principais: o cosido en espiral e a palla trenzada. A técnica do cosido en espiral é das máis primitivas e consiste en retorcer un mangado de palla desde o centro do fondo do cesto, dando voltas en espiral que se van cosendo con tiras de casca de silveira. En Galicia a técnica da palla trenzada emprégase fundamental- mente para a elaboración dos sombreiros. O procedemento consiste en entrecruzar varias pallas ata conseguir unha longa trenza, que será de dife- rente forma dependendo do número de pallas que leve na súa confección. Feita a trenza da lonxitude necesaria, vaise retorcendo e cosendo en espiral con fío de liño, empezando polo centro da copa e rematando na aba.