Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 411

409 cerámica na obra de arte, chea de posibilidades pero tamén de limitacións e condicionantes son aspectos nos que están a traballar estes creadores. Algúns deles non traballaran apenas no eido da cerámica como Montse Rego, que está inmersa nesa liña experimental. Non é o caso de Pablo Barreiro, que utiliza hai tempo a cerámica como linguaxe e como materia, investigando nos procesos artesanais do barro, pero tamén da acumula- ción, da repetición, desa reiteración controlada no que tamén acontece o cambio e a evolución. Indaga á vez na propia reflexión sobre a produción e os mercados da arte contemporánea. No tránsito entre a cerámica utilitaria e a cerámica artística están presentes as pezas de Verónica Moar e Marta Armada, ambas ini- ciaron o camiño da escultura a través do material cerámico despois dunha viaxe que se inicia cun pasado obxectual máis funcional e que agora pasa pola realización de pezas non concretas cheas de cargas estéticas. 1 sennet, r.: El artesano, Anagrama, Barcelona, 2009, p. 53. 2 As orixes dos oficios aaprecen recollidas na mitoloxía clásica. O poeta Hesiodo sinala a Prometeo como o responsable de lles roubar o lume aos deuses para salvar a humanidade, a partir de aquí este lume, o primeiro avance tecnolóxico, simbolizará para sempre o traballo e a técnica, pois identifícase xa cun lume artificial, o que coce e transforma alimentos e útiles. Este avance do lume trae nese momento outro condicionante: os pobos deberán traballar dura- mente para acadar os bens necesarios para a vida, a terra non produce por si mesma dun xeito espontáneo. 3 Ibidem, p. 53-59. 4 schor, n.: Reading in detail, Routledge, London-New York, 2007, introduction, p. 42. 5 «Ornament and Crime», artículo publicado en 1908 por Adolf Loos no que proclama a necesi- dade de prescindir do ornamento e o decorativismo na arquitectura, arte que considera superior. 6 garcía alén, l.: La alfarería en Galicia, ed. Facsímil, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2008. 7 Idem, p. 64. 8 Idem, p. 147. 9 garrido moreno, a.: «Consideracións sobre a escultura cerámica ibérica e actual» en catálogo da exposición Escultura cerámica ibérica contemporánea, Xunta de Galicia, 2007, p. 13-28. 10 olveira, m.: «O xesto diminuído» en catálogo da exposición Tras dos agros. Xavier Toubes, gcac, Xunta de Galicia, 2006, p. 25. 11 bujan, f.j.: «Miguel Vázquez» en Neofiguracións e abstraccións, col. Artista Galegos. Escultores. Vigo, Nova Galicia, 2002, p. 136. 12 Entrevista realizada por Antonio Garrido Moreno a Caxigueiro en garrido moreno, a.: La cerámica como punto de partida, Lugo, Centro de Artesanía e Deseño e Deseño de Galicia, 2000, p. 65.