Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 399

397 Nano Unzueta de Cerámica Unzueta do individuo, e é aí onde se sitúa o punto de partida para a evolución da cerámica ao terreo da arte. A cerámica destácase como linguaxe artística dun xeito evidente na contemporaneidade, un camiño que non inician tan marcadamente as outras artesanías. O barro forma parte da expresión humana desde a Prehistoria, modelando a terra para reproducir a figura antropomorfa con distintos fins. Na propia xénese cristiá a creación de Adán explícase a través do barro, por tanto a súa modelaxe está ligada á creación da humanidade, xa que a terra proporciona a materia necesaria e non precisa de grandes avances tecnolóxicos nos seus primeiros períodos, coa excepción das propias mans. A mímese a través da escultura, ao igual que coa pintura, é algo inherente por tanto á evolución das sociedades. O material cerámico ligouse á escul- tura e o relevo, e ao longo da historia da arte temos destacados exemplos como poden ser as maiólicas renacentistas de Della Robbia, ou sabemos que escultores como Donatello modelaban as súas estatuas en barro; non obstante é ben certo que a cerámica non deixa de estar supeditada a outras artes, como soporte para as artes decorativas ou para xerar bosque- xos e ensaios escultóricos, ademais de estar ligada ao utilitario. Todo isto provoca que non acade unha valoración propiamente artística ata media- dos do século xx. William Morris e as Arts & Crafts a finais do século xix, e o impulso que lle deu ás artes decorativas, así como o Modernismo ou o Art Decó prepararon o terreo para que a cerámica dirixise o camiño da arte dun xeito diferenciado, pois se vinculará á escultura de xeito natural no contexto contemporáneo.