Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 389

387 Rubén Berto Covelo taller ao exterior da súa propia casa, utilizando materia prima que eles mesmos cultivan, para afanarse na conservación de modelos cesteiros galegos desaparecidos ou en perigo de desaparecer, que copian como testemuña dun oficio que esvaece, sen deixar de investigar e probar novas formas e usos. Todos estes artesáns e artesás exemplifican eses valores da artesanía tradicional, que neste caso permanece en estado de alerta, velando pola continuidade do oficio ante imposibilidade de legar ese coñecemento, nin acadar a fórmula ou apoios necesarios para levar a cabo un proxecto de formación. A impartición de talleres, as demostracións e a presenza en feiras, certames, premios son as opcións habituais, pero fai falla unha regularización nesa formación e nas escolas ou centros que imparten as disciplinas artesanais. O artesán é agora autor, creador, profesor, compilador da historia e da tradición, ao tempo que introdutor de novas solucións. Ese pen- samento conectado directamente coas mans, nas que as abstraccións das ideas toman forma material grazas a unha habilidade adestrada, se expande cando o artesán e a artesá é consciente do seu contexto, de como amplialo e facer que perviva, unha supervivencia non garantida so para si mesmo, senón para un oficio, unha especie de técnico patrimonial activo e influínte que esperamos serva ás vindeiras xeracións. Nas últimas décadas hai un cambio evidente nos artesáns: a formación á que teñen acceso, os movementos xeográficos, a elección consciente do oficio, promoven que se sitúen neses intersticios entre arte e artesanía, incluso nalgúns casos aborden de xeito claro ambos mundos.