Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 19

17 A idea de abordar unha exposición sobre cestería, cerámica e xoiería de Galicia fundaméntase en varias reflexións sobre o papel destas artesa- nías no contexto galego. As tres pódense interpretar como instrumentos necesarios para establecer un intercambio material entre o pasado e o presente, no que converxen conceptos como territorio, identidade, trasmi- sión, tradición, pero tamén innovación, fusión ou experimentación. Estas tres especialidades ejemplifican un legado antropolóxico referencial e protagonizan unha actualidade experimental nunha etapa caracterizada pola constante fusión e hibridación de materiais e usos. Estas artesanías imbrícanse na trama da historia, cos costumes e a tradición, e son obxecto dunha sucesión de transferencias de técnicas e oficios netamente ligadas á memoria colectiva galega. A pegada que deixaron no territorio a través dos séculos achega importantes datos para a reconstrución dos modos de vida desde a prehistoria ata nosos días. Na actualidade as novas propostas artesanais subliñan iden- tidades e autorías nun eido historicamente definido polo anonimato e a colectividade. Estas tres especialidades están converxendo nun momento presente, mesturándose en usos e materiais, aínda que moitos dos seus obxectos seguen a referenciar o pasado, desde o legado arqueolóxico ata as claras influencias tradicionais. Do resultado de desentramar esta fusión actual, que experimenta este artesanado dun xeito especial, xorden os camiños que a cestería, a cerámica e a xoiería, van configurando de xeito individualizado, e nos que se distinguen claramente as características específicas de cada unha delas, nunha viaxe que propón ir cara atrás no tempo das tres artesanías. É precisamente a súa irrupción na Galicia Antiga un dos condi- cionantes para convertelas en protagonistas da exposición. O forte peso da cerámica e da xoiería na arqueoloxía galega, ou da cestería na transmisión etnográfica, fixo posible establecer as tipoloxías inherentes á súa utilidade desde o período prehistórico ata o hoxe en día. Así mesmo os seus orna- mentos evidencian, en boa medida, a transcendencia histórica dos suce- sivos intercambios culturais que experimentou o noso contexto, especial- mente os contactos co Mediterráneo e o mundo árabe e oriental, ademais do Atlántico. Este intercambio provoca que as formas e os motivos viaxen e se adapten aos diversos lugares compartindo unha orixe común, e que se tornen actuais por ser fonte de inspiración nas elaboracións modernas. Deste xeito, as decoracións en forma de esvásticas, motivos xeométricos baseados na natureza, cordóns e mamelóns, espirais, entrelazados ou fili- granas, moveranse polo territorio da antigüidade galega, e á vez viaxarán ata o presente, para inspirar a artesanía actual; moitos destes motivos, uni- dos ás tipoloxías artesanais, contribúen a unha imaxe de marca ou unhas formas propias que se poden interpretar como símbolos de identidade. As pezas que hoxe valoramos como artesanais, a medio camiño entre o utilitario e o decorativo, son para o pasado e no eido da arqueo- loxía, os obxectos fundamentais que contribúen á reconstrución histórica