Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 151

149 [fig. 1] Alfredo e Luciano García Alén no transcurso da investigación, en Bonxe. Alfredo y Luciano García Alén en el transcurso de la investigación, en Bonxe. maior parte polos usos funcionais, propios dun colectivo en retroceso. A inexistencia de estudos que abarcaran todo o territorio, suscitou a inicios da década dos 70 o interese de varios investigadores, que conscientes de atoparse ante un oficio en vías de extinción e de transformación, levou- nos a percorrer Galicia co fin de recoller toda a información posible, nun intento de salvagardar e protexer a memoria desa artesanía [FIG. 1] . Estes estudos teñen en Xaquín Lorenzo, Xocas, e na súa obra publicada en 1962, Etnografía. Cultural Material, tomo II da Historia de Galiza, o antecedente intelectual e o referente para os estudos etnográfi- cos posteriores realizados en Galicia. O inxente traballo de campo reali- zado por Xocas que incluía a recollida e interpretación de datos, a realiza- ción de debuxos e fotografías converteuno no etnógrafo case perfecto.7 Don Xaquín, discípulo, colaborador e herdeiro de Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Cuevillas8 vaise converter no fío vertebrador entre a Xeración Nós, a Xeración do Seminario de Estudos Galegos e será o pai xunto con Antonio Fraguas do que podiamos denominar Xeración do Museo do Pobo Galego, pois coa creación deste último entróncase coa tradición do Seminario9 e co Museo Etnográfico que pertencía a esta institución. No ano 1932 Xaquín Lorenzo foi nomeado director deste museo que estaba situado no Pazo de Fonseca onde, entre as súas coleccións, ato- pábanse pezas das olerías de Buño e Niñodaguia.10 A Guerra Civil truncará este proxecto coa desaparición de moitos dos seus fondos e coa ilusión de Xocas de contar cun museo etnográfico ata 1976, data na que é elixido presidente do padroado do recentemente creado Museo do Pobo Galego.