LIBRO RECETAS | Page 39

Deixámolo xa na fonte que vai servir para cocelo e tapámolo outra vez con pano ata que volva dobrar o volume (outra hora). Pasado ese tempo (teremos xa o forno quente a 230º) dámoslle uns cortes transversais cunha coitela e pulverizámoslle un pouco de auga (podemos tamén adornalo cunhas noces). No forno metín unha cunca de barro con auga para crear un pouco de vapor. Enfornamos e despois de 15 minutos baixamos a 200º e deixamos uns 20 minutos máis. Sacámolo e esperamos a que arrefríe nunha rella.