#LetrasGalegas19 combinepdf

17 de MAIO día das LETRAS GALEGAS O Día das Letras Galegas coincidindo co centenario da Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, primeira edición de Cantares gallegos , de Rosalía de Castro. Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo). O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía cantares gallegos era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén poetisa Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero) Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.