Informe Abril 2017 FeSP-UGT Informe Abril FeSP-UGT | Página 4

certo é que as

festividades

relixiosas levan

condicionando o

calendario escolar desde

sempre no noso país. Consecuencia disto é que haxa un primeiro periodo lectivo, desde comezo do curso ata Nadal, que sempre vai ter máis de 60 días lectivos dos 175 que ten o curso. Pero o principal problema radica na variabilidade no tempo das vacacións de Semana Santa, pois no Concilio de Nicea (ano 325) promulgouse que a Pascua Cristiana (a Resurrección de Cristo) celebraríase o domingo seguinte á primeira lúa chea do equinoccio de primavera, non podendo caer nunca antes do 22 de marzo nin despois do 25 de abril. Desta maneira, podería suceder que o Xoves e Venres santos un ano caian no 19 e 20 de marzo e outro ano o 22 e 23 de abril, habendo máis dun mes de diferenza entre as devanditas datas. Como é obvio isto causa que os períodos lectivos sexan moi dispares na súa duración.

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia considera que a oscilación no tempo da Semana Santa non debe condicionar dunha forma tan brutal a duración dos períodos lectivos, o que ten consecuencias pedagóxicas e laborais. Así pois, o sector do Ensino da FeSP-UGT Galicia propón que se establezan unhas vacacións de primavera que caian sempre entre o 1 e o 10 de abril, posibilitando que haxa un equilibrio maior entre os

periodos lectivos.

A novidade da proposta consiste en que haxa dous periodos vacacionais fixos (cos mínimos cambio ocasionados polas variacións nos fins de semana dun ano para outro), as Vacacións de Inverno que se desenvolverían entre o 22 de decembro e o 8 de xaneiro e as Vacación de Primavera que se desenvolverían entre o 1 e o 10 de abril.

Vacacións de Inverno fixas entre 22 de decembro e 8 de xaneiro.

Vacións de Primavera fixas entre o 1 e o 10 de abril.

O

O sector do Ensino da Federación de empregados/as de Servizos Públicos de UGT Galicia considera que os criterios pedagóxicos deben prevalecer para o establecemento do calendario escolar, sen esquecer outro criterio importante como a conciliación da vida laboral e familiar.

04

VACACIÓNS DE PRIMAVERA

VACACIÓNS